Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baiona achega formación para axudar á dixitalización do comercio e as empresas locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baiona achega formación para axudar á dixitalización do comercio e as empresas locais

Redacción
Publicado: 09/05/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

baiona_presentacion_cursos_tic.jpgO alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña, e o xerente de Mybusiness Up, Roberto Valverde, deron a coñecer este 7 de maio as Xornadas Formativas en Novas Tecnoloxías para empresarios e comerciantes, coas que se busca impulsar a dixitalización do comercio local. Segundo sinalaron, “é importante entender e asumir que estamos inmersos no medio da revolución dixital; hoxe o mundo é diferente ao de hai 15 anos e a tecnoloxía foi quen de mudalo todo, mesmo ao consumidor”.
Para familiarizar ao comercio con estes cambios, ACEBA e o Concello decidiron organizar as ditas xornadas formativas, “pioneiras, gratuítas” e a disposición de todos os empresarios e empresarias do municipio, e “daquelas persoas que estean valorando a posta en marcha dun proxecto empresarial”.
Entre os contidos que se van desenvolver están: como conseguir resencións de clientes para negocios ou produtos, como xestionar do mellor xeito posible a ficha empresarial en Google ou como tirar proveito das redes sociais para manter no tempo clientes e acadar outros novos. Tamén se botará luz (entre outros moitos temas) sobre a importancia de desenvolver concursos, eventos ou ofertas; sobre como facer que os escaparates, as cartas dos restaurantes, os servizos que ofrecen os comerciantes e negocios de Baiona poidan ser visibles máis aló da rúa na que se atopan, ou sobre a importancia de recentes e novas ferramentas como Whatsapp Business para as empresas e como poder sacar o máximo proveito destas ferramentas gratuítas, entre outras cuestións dixitais.
As xornadas impartiranse o martes 15 de maio co tema A transformación de Comercio Local Dálle ao On; o 22 de maio, con O Segredo para conseguir clientes por Internet e finalmente o día 29 de maio con A fórmula: (Google+Facebook) x Whatsapp. Todas elas terán lugar ás 20:30 horas na Capitanía Marítima de Baiona.
Durante a presentación o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, encomiou a posta en marcha das xornadas destacando que, en Baiona “temos un comercio de gran calidade que con esta formación pode sacar moito máis rendemento ao seu negocio. Estes novos coñecementos axudarán á dinamización do comercio na vila e crear un valor engadido aos negocios”.
Finalmente, Roberto Valverde, ademais de impartir as xornadas, encargarase do seguimento das accións levadas a cabo polos empresarios para realizar unha avaliación de aquí a tres meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?