Vodafone confirmou hoxe que mellorará as condicións da súa oferta converxente e móbil sen subir os prezos aos seus clientes, de xeito que máis de 6 millóns de liñas móbiles e fixas veranse beneficiadas polas novas condicións que incrementan entre 2 e 5 GB/mes o volume de datos móbiles dos plans de prezos con 10 GB/mes ou máis, e que tamén inclúen chamadas de voz ilimitadas nos plans móbiles que parten de 29 euros/mes e dos converxentes con Vodafone One dende 52 euros/mes. Tamén mellorarán os servizos de fibra multiplicando a velocidade.
No que se refire aos incremento do volume de datos nas liñas móbiles, os plans converxentes One M, One Familia Series, One Familia TV, o plan Red M de móbil e +Líneas M inclúen 2GB/mes adicionais ata 12GB/mes. Os plans One L, Red L e +Líneas L inclúen 5GB/mes adicionais ata 25GB/mes. Tamén crean novos plans de prezos máis económicos para clientes que precisan menos datos móbiles.
Sobre a mellora da velocidade da fibra óptica no fogar, Vodafone confirma que as súas velocidades pasarán a ser de 100 Mbps, 600 Mbps e 1 Gbps, aplicándose o cambio de xeito progresivo a partires do mes de xullo.
Vodafone anuncia melloras nas súas tarifas
Compartir Este Artigo
