Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC informou dos seus éxitos e dos seus avances para integrarse na Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC informou dos seus éxitos e dos seus avances para integrarse na Deputación de Lugo

Redacción
Publicado: 11/05/2018
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

deputacion_lugo_padroado_fundacion_tic-2.jpgA Fundación TIC vén de subir un novo chanzo para a súa integración definitiva na Deputación de Lugo, en palabras da entidade provincial “un paso decisivo” que contou co apoio da Xunta de Galicia, ao dar o seu respaldo para tramitación do procedemento. Este novo avance no proceso de integración, impulsado polo presidente das dúas entidades, Darío Campos, foi avaliado ao detalle na xuntanza do Padroado deste 10 de maio, na que se informou da modificación dos estatutos da Fundación por parte da Consellería de Educación, paso necesario para proceder á subrogación da actividade da TIC por parte da Deputación e dos seus traballadores. “Agora queda pendente tan só a aprobación por parte da Corporación provincial”, sinalou Darío Campos.
O presidente dixo que “a integración da TIC na Deputación é unha aposta pola racionalización do gasto. De feito, suporá a eliminación de duplicidades administrativas, a optimización de recursos e a redución dos custes correntes”. Campos Conde subliñou que esta decisión “é froito da política iniciada pola Deputación coa disolución do INLUDES e da Fundación Tor, unha política do Goberno provincial que defende os servizos públicos xestionados directamente pola administración, e a integración da TIC encádrase neste obxectivo”.
Facendo balance da actividade da Fundación TIC da Deputación, na xuntanza do Padroado deuse a coñecer que esta realizou en 2017 máis de 1.000 actividades dentro das súas liñas de actuación: ensino de calidade, apoio ao tecido asociativo, benestar dos maiores, cooperación cos Concellos e promoción da provincia desde o punto de vista cultural, turístico económico e cinematográfico, segundo se recolle na memoria aprobada polo Padroado, que tamén deu o visto e prace á conta anual cun grao de execución do presuposto do 88,65%, que ascendeu a 1.800.0685 euros, incluída a encomenda da Deputación para xestionar o Plan de Promoción da Autonomía das Persoas Maiores da Provincia.
Igualdade de oportunidades para un ensino de calidade
Na reunión tamén se puxo o foco na aposta da TIC (por décimo ano consecutivo) pola matrícula de balde na Escola de Imaxe e Son, unha medida que procura “garantir a igualdade de oportunidades entre os mozos e mozas lucenses no acceso a un ensino de calidade”. A formación da EIS incidiu en 2017 nas prácticas en escenarios en reais como un dos seus sinais de identidade. Entre outras, a elaboración do último vídeoclip de Lucía Pérez, o promocional Lembranzas ou a organización de En camiño contra a violencia machista, no que participaron centos de lucenses.
Apoio ao labor social do tecido asociativo
O Centro de Produción de Programas (CPP) reforzou o seu labor cun incremento no número de convenios de colaboración. Ao rematar o ano, había 177 acordos con organizacións de diversa índole. Entre as incorporacións, ASOPORCEL, Xerencia Integrada do SERGAS e Universidade Rural Galega. Elaboráronse audiovisuais relativos, por exemplo, ás doenzas mentais, cancro, esclerose múltiple ou diabetes. Igualmente, deuse difusión ás conmemoracións dos 50 anos do Breogán ou dos 40 da Asociación Provincial de Hostalería Entre os documentais, Poeta sen adxectivos, Arcadio López Casanova; A Danza da Cervela do Incio; O Folión de Carros de Chantada; ou Torneiros da Madeira en Xermade.
Apoio aos Concellos
Outro dos piares do traballo da TIC a través do CPP foi “a promoción da provincia desde o punto de vista cultural, turístico e económico”. Neste apartado o Padroado salientou a cooperación cos Gobernos locais coa difusión de actividades que organizan ou apoian, como as festas da Castaña do Courel, do Caldo de Ósos de Taboada ou da Troita da Pontenova. Tamén contribuíu á difusión de iniciativas vinculadas a historia e tradicións dos municipios da provincia, entre outras, Friulo de Friol, as feiras medievais de Mondoñedo, Alfoz e Monforte, a Queima das Fachas e o Oso de Salcedo. Ademais, a TIC prestou un servizo público aos cidadáns coa emisión en directo de todas as sesións plenarias da Corporación provincial en 2017.
Novas tecnoloxías a prol da calidade de vida dos maiores
Na memoria tamén se fai saber que o labor que desenvolve a TIC na alfabetización dixital dos maiores reflectiuse na alta demanda das actividades que impartiu o InLugo. De feito, en 2017 o número de solicitudes duplicou ao de prazas: 3.500 preinscricións para 1.575 prazas de 90 cursos. Ademais desenvolvéronse outras actividades, como o banco de recordos Memoria Dixital, ao que se incorporaron vídeos e fotos antigas. Tamén acadaron grande éxito a Semana Tecnolóxica, o obradoiro de radio e o Nadal na TIC.
Lugo, destino cinematrográfico
Por outra banda, a Lugo Film Commission consolidouse como oficina de apoio ás produtoras de películas de gran proxección como A sombra da lei e Aquilo que arde. “Tamén axudou a outras producións máis modestas que serven de vehículo á creatividade das novas promesas do audiovisual lucense, como a curtametraxe Hermetismos, dos alumnos da EIS”, explicou o Padroado, engadindo que, ademais, “en 2017 destaca o inicio da colaboración coa Galicia Film Office, que solicitou o apoio da TIC a través da achega de vídeos e fotografías dos 67 Consellos e información de todos os aspectos relacionados coa loxística”.
Equipamentos á última en tecnoloxía
Polo que se refire ao apartado de investimentos, encamiñouse sobre todo á modernización de equipos para “garantir unha formación de calidade adaptada á demanda real do mercado laboral e á mellora do servizo que presta a entidade á sociedade lucense”. Deste xeito, incorporouse un dron para gravacións aéreas, unha cámara de 360 graos para gravacións de visitas virtuais a edificios públicos, unha capturadora de analóxico a dixital ou micrófonos estéreos, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?