Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os hoteis galegos apostan polas TIC e a innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os hoteis galegos apostan polas TIC e a innovación

Redacción
Publicado: 11/05/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20180511_turismo_01.jpgA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, clausurou hoxe en Santiago de Compostela a xornada formativa Turismo e innovación organizada pola Asociación Española de Directores de Hotel en Galicia e que contou coa presenza de numerosos profesionais do tecido hoteleiro, que debateron sobre as últimas tendencias, novidades e aplicacións tecnolóxicas relacionadas co sector do turismo.
O peche destas xornadas serviu para enxalzar o compromiso dos empresarios hoteleiros galegos coa formación en TIC e coa innovación no eido turístico nun contexto como o actual, en continuo crecemento e cambio e no que a actividade turística representa en Galicia o 11% do PIB e o 12% do emprego.
20180511_turismo_02.jpgAs boas cifras de ocupación que os establecementos hoteleiros galegos están a rexistrar neste arranque do ano, está a pór de manifesto como o turismo está tamén a ser quen de xerar máis postos de traballo. De feito en 2017 aumentou nun 4,6% o número de ocupados, a taxa de paro diminuíu en case dous puntos e tamén caeu a taxa de temporalidade.
Estes datos están a repercutir, ademais, nun progresivo aumento da rendibilidade e confianza entre os profesionais como demostra o feito de que sete de cada dez empresarios do sector turístico na Comunidade crean que poderán mellorar ou manter os seus beneficios neste segundo trimestre do ano, segundo a última enquisa realizada por Exceltur.
A aposta coa formación dos profesionais é tamén un compromiso que a Administración autonómica plasma na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla que dedica unha das súas 11 liñas de traballo especificamente á profesionalización. Inclúense iniciativas para adaptar e incorporar as novas tecnoloxías aos negocios, para afondar no coñecemento dos recursos e das ferramentas de xestión, no manexo en idiomas ou para apoiar aos emprendedores, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?