Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Seminario de Lingüística Informática da UVigo lanza a primeira Biblia políglota do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Seminario de Lingüística Informática da UVigo lanza a primeira Biblia políglota do galego

Redacción
Publicado: 14/05/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_xavier_gomez_guinovart.jpgEsta quinta feira (xoves) é o Día das Letras Galegas, e para conmemoralo (e para conmemorar tamén os seus quince anos de andaina), o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo vén de presentar unha nova versión do CLUVI, un banco de traducións de libre con acceso a 47 millóns de palabras (entre o galego e outras linguas). Entre as principais novidades desta nova versión atópanse a renovación do seu sistema de consulta e unha profunda ampliación da súa base documental. Ao abeiro desta ampliación lánzase a que sería a primeira Biblia multilingüe dispoñible para o galego.
Segundo explica o profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Xavier Gómez Guinovart, responsable dos traballos de creación do CLUVI, “a aplicación de consulta permite, por exemplo, buscar unha palabra e comprobar as súas equivalencias interlingüísticas en contextos reais de tradución, tal como se recollen nos textos orixinais arquivados no CLUVI e nas súas traducións”. Gómez Guinovart tamén fai saber que a nova versión inclúe no seu banco de datos “un importante número de traducións da Biblia”, incluíndo a única existente en galego. Tamén están dispoñibles adaptacións a idiomas da nosa contorna cultural inmediata (portugués, francés, inglés, alemán e italiano); como o latín, considerada a primeira tradución da Biblia en lingua vulgar, o resto das linguas cooficiais do estado (catalán, español e éuscaro) e a lingua máis falada do mundo (o chinés).
“Esta Biblia políglota do galego, a primeira da súa especie, resulta de especial significación na constelación de textos do CLUVI, xa que cos seus sete millóns e medio de palabras representa o conxunto de documentos de maior extensión textual recollido ata o de agora no seu banco de traducións”, explica Gómez Guinovart, salientando igualmente a relevancia “de podermos realizar pescudas informáticas na Biblia galega políglota no ámbito da tradutoloxía e dos estudos culturais, e a relevancia que posúe a súa tradución vernácula como índice da normalización lingüística dun idioma”, recalca o docente.
No que atinxe ás novidades nas funcionalidades de consulta do CLUVI, unha das máis salientables é a incorporación ao sistema dun dicionario plurilingüe, que permite identificar nas traducións as palabras equivalentes aos termos da procura. A equipa do grupo SLI destaca que con esta nova característica, as prestacións do CLUVI achéganse moito ás ofrecidas por recursos como a aplicación de balde Linguee para outros idiomas, entre os que non se atopa o galego. “Por esta razón, o novo CLUVI pode considerarse o Linguee do galego, pois é quen de fornecer palabras e frases equivalentes entre o galego e moitas outras linguas, mesmo minorizadas, unha funcionalidade da que carece o Linguee que todos usamos”, explica Gómez Guinovart.
Xunto á renovación do seu motor de consulta, engade, “o novo portal presenta unha completa actualización da súa interface, cunha presentación moito máis sinxela e completamente respectuosa cos dispositivos móbiles, que tenta ofrecer unha experiencia de uso igualmente agradable nas pantallas grandes e nas pequenas”.
Sinalar a maiores que o CLUVI dispón de combinacións lingüísticas co galego, español, inglés, francés, portugués (de Brasil e de Portugal), catalán, italiano, éuscaro, alemán, latín e chinés (simplificado e tradicional) e as traducións incluídas pertencen a nove dominios especializados: ficción, informática, divulgación científica, textos bíblicos, dereito e administración pública, información ao consumo, economía, turismo e subtitulación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?