Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Telefónica e o Concello de Lugo capacitan a mocidade local en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Telefónica e o Concello de Lugo capacitan a mocidade local en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 15/05/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hacking_etico-2.jpgA Fundación Telefónica e o Concello de Lugo formarán a 20 persoas en protección dixital. E farano a través do curso de ciberseguridade impulsado polas dúas entidades co obxectivo de fornecer aos asistentes de coñecementos e habilidades que lles permitan mellorar a súa empregabilidade a través “dunha das especializacións técnicas máis demandadas e con máis futuro no mercado laboral actual”, en palabras dos organizadores do obradoiro. Tras cinco meses de formación, do 28 de maio a finais de outubro de 2018, os vinte participantes poderán presentar os seus proxectos ante empresas tecnolóxicas do sector.
O itinerario formativo, que virará ao redor de temas como as técnicas de protección para infraestruturas, o emprego de contra-medidas, a aplicación de contornas seguras de programación ou o hacking ético, está dirixido aos lucenses de 18 anos ou máis e comezará o 28 de maio no Edificio de Novas Tecnoloxías, en horario de mañá (de 9:00 a 15:00 horas). Quen desexe inscribirse ou recadar máis datos sobre a actividade, pode facelo a través da web da Fundación Telefónica.
A Fundación Telefónica e o Concello de Lugo queren que este itinerario formativo “sirva de ponte entre os cidadáns lucenses a partir de 18 anos de idade, que terminasen os estudos da ESO, e as empresas autonómicas”. Neste sentido, o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial de Fundación Telefónica, Joan Cruz, destacou que “era preciso desenvolver uns itinerarios formativos que fosen o nexo de unión entre a demanda real das empresas e o sistema educativo. En Fundación Telefónica ofrecemos ese apoio, para que os mozos lucenses poidan gozar da oportunidade de incorporarse verdadeiramente á sociedade”.
Cruz tamén engadiu, facendo reconto, que dende a súa creación en 2016, un total de 1.031 participantes continúan formándose en Emprego Dixital da Fundación Telefónica, “dos cales 532 xa atoparon emprego. Trátase dun programa de formación en competencias dixitais “que supón unha gran oportunidade polas alianzas establecidas con empresas e organizacións que precisan incorporar ao seu persoal persoal formado en tecnoloxía e desenvolvemento web”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?