Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG fai un chamamento a usarmos o galego nas redes con motivo da festa dupla do 17
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG fai un chamamento a usarmos o galego nas redes con motivo da festa dupla do 17

Redacción
Publicado: 15/05/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fernando_suarez-7.jpgAchégase o Día Mundial de Internet (na súa versión formal Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información) e, non nos cansaremos de repetilo, a medida que se achega a devandita celebración, achégase tamén o Día das Letras Galegas. Compleméntanse un festexo e máis outro? Sen dúbida si que se complementan, e mesmo se enriquecen. Nisto coincide tamén o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que vén de emitir un comunicado (con motivo da festa dupla deste 17 de maio) no que convida á cidadanía galega a usar a súa lingua para navegar pola Rede, neste Día de Internet, para difundir a cultura de seu. Segundo sinala o presidente do colexio, Fernando Suárez, “cómpre procurar que o galego sexa unha lingua de referencia nas redes sociais entre a mocidade, que é quen máis as utiliza”.
Segundo explica o CPEIG, poñéndonos en situación, o Día de Internet celébrase por iniciativa da Asociación de Usuarios de Internet desde 2005, o 17 de maio e coa intención de “poñer en valor a importancia que teñen as tecnoloxías da información na sociedade”. A festa, a maiores, adquire para a cidadanía galega unha dimensión máis ampla, ao coincidir co festexo da súa cultura. Neste senso, o CPEIG considera que a do 17 pode “ser unha xornada para deixar constancia de que os cidadáns galegos poden empregar a súa propia lingua en Internet, e non só o castelán ou o inglés como maioritaria e instintivamente se pensa”.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, desvela que o galego, aínda que poida sorprender, está situado entre as 50 primeiras linguas con máis presenza e o número 26 en redes sociais, en relación ás máis de 6.000 linguas que existen no mundo segundo cifras da UNESCO. “O inexorable avance de Internet e o seu afianzamento en todos os estratos da nosa sociedade está a cambiar o mundo dun xeito vertixinoso. E estes cambios afectan, como non podía ser doutro xeito, ás linguas tal e como as coñecemos, pois son a ferramenta que utilizamos para nos comunicar nos novos medios electrónicos. Aquelas que non estean activas en Internet están abocadas a desaparecer, estimándose que a finais do século XXI, máis da metade das existentes desaparecerán”, sinala Suárez.
A maiores, o CPEIG considera que a boa saúde do galego garante o seu uso en Internet, o que axudará a difundir a riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social de Galicia, aínda que destaca que se precisa do apoio das Administracións Públicas. “Hai que procurar que o galego se converta na lingua de referencia nas redes sociais entre a mocidade, que é quen máis as utiliza”, apunta Suárez, incidindo na posibilidade real (nun futuro) de procurar a galeguización das redes sociais, conseguindo versións no idioma galego de cada unha delas.
Suárez, centrándose desta volta no Día de Internet e nas súas implicacións, engade que “a proliferación de dispositivos móbiles, onde España figura nas primeiras posicións a nivel mundial, xunto coa propia natureza relacional do ser humano, fai que a ubicuidade do acceso á Rede sexa unha realidade que contribúe a unha inxente xeración de información”. Dita realidade, engade, “fomenta o auxe de novas disciplinas que xerarán innovación e emprego nos vindeiros anos, como son o caso de Big Data, Open Data ou a Internet das Cousas”.
Tendo en conta o devandito, o CPEIG amosa publicamente “o seu compromiso por construír unha Sociedade da Información centrada na persoa, inclusiva e onde todos poidan crear, acceder, utilizar e compartir a información e o coñecemento para permitir ás persoas, comunidades e pobos alcanzar o seu pleno potencial na promoción do seu desenvolvemento sostible e a mellora da súa calidade de vida”. E engade: “O rápido progreso das tecnoloxías da información brinda oportunidades sen precedentes de acadar niveis máis elevados de desenvolvemento. Porén, os beneficios desta revolución están distribuídos de forma desigual entre os países desenvolvidos e en desenvolvemento, así como dentro das sociedades. O CPEIG está totalmente comprometido en transformar esta fenda dixital nunha oportunidade para todos, especialmente para aqueles que están en perigo de quedar atrás e aínda máis marxinados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?