Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado de Enxeñaría Aeronáutica ponse ao día en materia de drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado de Enxeñaría Aeronáutica ponse ao día en materia de drons

Redacción
Publicado: 21/05/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_drons_escola_curso.jpgEsta semana celébrase na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense a segunda edición unha actividade formativa que empraza aos nosos estudantes nun relevante chanzo de capacitación en materia de drons. Trátase do curso Introdución aos sistemas aéreos non tripulados, no que participa unha vintena de persoas, sobre todo alumnado da devandita escola ourensá. O obradoiro, entre outras cousas, brinda un achegamento aos múltiples detalles que se derivan do uso dos drons, esculcando nas súas posibilidades profesionais e poñendo o foco en tres cuestións clave: a súa enxeñaría, as operacións que se poden facer con estas aeronaves e a súa aplicación en diferentes sectores.
O docente que imparte o curso é Higinio González Jorge, doutor da Área de Xeodesia e Teledetección da Universidade de Vigo e piloto certificado de drons dende o ano 2014 con experiencia tanto a nivel de desenvolvemento como operación con diversos sistemas aéreos non tripulados. González Jorge repite por segundo ano como responsable desta formación salientando “os bos resultados” acadados ata o de agora.
Os contidos do curso, de 25 horas de duración, están divididos en dúas partes. Unha primeira ten un carácter principalmente teórico e consta de módulos de introdución e conceptos xerais; de enerxía, propulsión e control; de subsistemas de sistemas aéreos non tripulados e de aplicacións dos sistemas aéreos non tripulados.
A segunda parte ten unha faciana máis práctica e nela levaranse a cabo módulos de especificacións técnicas de sistemas aéreos non tripulados e planificación de voo fotogramétrico e procesamento de datos. Ademais, os participantes achegaranse nesta parte aplicada ao uso de Arduino para drones e realizarán por último unha visita de estudos ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas o mércores pola mañá, visita na que asistirán ao acto de presentación do Mestrado en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados, que ofrecerán (de maneira conxunta) as universidades de Vigo e Santiago de Compostela o vindeiro curso académico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?