Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso hipersector TIC fornece de emprego a preto de 22.000 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso hipersector TIC fornece de emprego a preto de 22.000 persoas

Redacción
Publicado: 21/05/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inspired-2015-10-laptop-computer-work-at-home-coffee-stocksy-main-2.jpgO observatorio OSIMGA (axencia AMTEGA) vén de presentar un novo informe no que se inclúen datos de interese sobre o noso sector das novas tecnoloxías dende o punto de vista humano. En última instancia, o estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia guinda un achegamento ao potencial das nosas empresas dixitais (un total de 3.410) para crear emprego e medrar, un potencial que vaia a máis. En termos concretos, o sector dá acubillo hoxe a 21.973 persoas, a maior cifra de traballadores rexistrada nos últimos cinco anos.
Segundo se explica na investigación, a dita cifra sitúa a nosa Comunidade como a quinta en número de empresas, só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana. No último ano rexistráronse 520 novas altas de empresas.
No estudo tamén se di que “o emprendemento foi especialmente significativo no subsector TIC, onde o saldo entre altas e baixas de empresas dá como resultado 140 novas entidades empresariais”. Por certo que o subsector TIC, para quen non o saiba, é a vertente do devandito hipersector máis centrada no deseño e fornecemento de ferramentas e servizos dixitais. Representa o 75,% de firmas do grupo. A porcentaxe restante pertence ao subsector de contidos e servizos audiovisuais.
computador_traballando-8.jpgVolvendo á investigación e o emprego xerado, este experimentou “un crecemento sostido dende o ano 2014”. No informe, nun plano máis detallado, explícase que no ultimo ano medrou un 3,4% e aproxímase como dixemos aos 22.000 traballadores. No subsector TIC rexistrouse un crecemento do 4,8% mentres que no subsector contidos diminúe un 1%.
Crece a porcentaxe de traballadores que cotizan no Réxime Xeral ata o 82,9% e diminúe a porcentaxe no Réxime Especial de Autónomos, que se sitúa no 17,1%.
Na investigación tamén se pon o foco na fenda laboral por sexos e nas desigualdades existentes (tamén) no hipersector. En termos máis concretos, dise que o emprego no hipersector das tecnoloxías da información “ten un alto grao de masculinización, algo superior ao ano 2016: o 65,7% dos traballadores son homes fronte a un 34,3% de mulleres”. No subsector contidos, a fenda é máis reducida, pois as mulleres representan o 41,7% dos traballadores fronte ao 32,1% do subsector TIC.
O hipersector TIC contribúe nun 2,1% ao PIB galego, salientando sobre todo o subsector TIC, que representa o 1,8% do total desta contribución.
As exportacións de bens do hipersector TIC en Galicia achegáronse no ano 2016 ata os 76,8 millóns de euros, case 4 millóns de euros máis que no ano 2015 (5,5% de incremento).
Ademais, durante o ano 2016, 900 empresas galegas de 10 ou máis traballadores realizaron algún tipo de actividade innovadora.
Atendendo ao tipo de innovación realizada polas empresas, o 12,2% do empresariado galego realizou innovacións tecnolóxicas durante o período 2014-2016, situándose en valores similares á media estatal.
O gasto en innovación tecnolóxica en Galicia incrementouse nun 9,3% no último ano e acada os 504 millóns de euros. Ademais, durante o ano 2016 incrementouse nun 19,2% o número de empregados/ as que traballaban en I+D no tecido empresarial galego. Así, en Galicia traballan 9.367 persoas en I+D a xornada completa, o que supón o 4,5% do total de traballadores/as en I+D de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?