Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Deputación, USC, CEL e Caixa Rural pechan fileiras arredor do CITT de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Deputación, USC, CEL e Caixa Rural pechan fileiras arredor do CITT de Lugo

Redacción
Publicado: 23/05/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_acordo_usc.jpgCaixa Rural e a Deputación de Lugo veñen de renovar o seu apoio á Universidade de Santiago cun novo convenio para investigación tecnolóxica. Este convenio, en termos máis concretos, diríxese a asegurar e garantir o traballo conxunto arredor do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía do Campus Terra (Lugo). A renovación do acordo foi formalizada hoxe polo presidente da entidade provincial, Darío Campos, o reitor da USC Juan Viaño, o director xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Méndez, e o conselleiro delegado da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Eduardo Valín.
Darío Campos, na sinatura, explicou que na Deputación “estamos sempre a carón da Universidade, e hoxe estamos unha vez máis renovando este compromiso co desenvolvemento de actividades de investigación tecnolóxica, para o que este ano facemos unha achega de 9.500 euros, que se suman a outras colaboracións como o convenio para a promoción de Lugo como cidade universitaria, ao que dedicamos 350.000 euros, ou a creación da Granxa Experimental do Campus Terra, un ambicioso proxecto no que investimos máis de 1,3 millóns de euros”.
Pola súa banda, o reitor salientou “o importante cometido que está chamado a desenvolver o CITT no contexto do Campus Terra” e, máis polo miúdo, “na súa conexión coa contorna socioeconómica”. Viaño puxo o foco nun indicador que constata o bo funcionamento desta oficina universitaria: os máis de cinco millóns de euros xestionados en 2017 para actividades de I+D+i. Segundo lembrou, o convenio para o mantemento do CITT remonta as súas orixes a 1995. Ao fío disto, fixo público o seu agradecemento tanto ao persoal técnico que desenvolve o seu cometido no centro como ás entidades que apoian un convenio que conta cunha dotación orzamentaria de preto de 60.000 euros, dos que Caixa Rural Galega achega 50.000 euros e a Deputación de Lugo, 9.500.
As orixes
A finais dos anos 80, a USC creou no Campus de Santiago o Centro de Transferencia Tecnolóxica (CTT), apoiándose no Plan Nacional de Investigación que contemplaba a creación de Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigacións. No ano 1995, o Campus de Lugo demanda un servizo de transferencia tecnolóxica máis próximo. E é así como nace o CITT, que transfire os resultados das investigacións á sociedade á vez que fomenta a introdución de produtos ou servizos no mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?