Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A primeira xornada do Congreso de Drons aborda a lexislación, a ciberseguridade e as aplicacións profesionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A primeira xornada do Congreso de Drons aborda a lexislación, a ciberseguridade e as aplicacións profesionais

Redacción
Publicado: 24/05/2018
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

2018-5-24_dic_galicia_02.jpgDesde hoxe xoves e ata o sábado, un total de 20 mesas redondas e relatorios terán lugar na segunda edición do Congreso Internacional de Drons de Galicia, que reuniu aos maiores expertos nacionais e internacionais nas distintas temáticas tratadas.
O congreso comezaba coa mesa redonda sobre lexislación, unha temática que na primeira edición suscitou un enorme interese xa que se estaba debatendo entón o Real Decreto que regularía esta materia. Finalmente, en decembro do ano pasado o BOE publicada o marco normativo que ordena os aspectos principais do uso civil destas naves pilotadas por control remoto. A normativa veu introducir novos escenarios de aplicación non contemplados ata a data, como voos en cidade ou máis aló do alcance visual. Para realizar unha análise desta normativa, o congreso contou nesta primeira mesa coa participación de Víctor Manuel Gordo, (project manager de Ineco-Sesar), con Álex da Torre (coordinador da Unidade RPAS da Axencia Estatal de Seguridade Aérea) e co consultor Antonio Sousa, moderados por Ignacio Díaz de Liaño.
A seguinte mesa redonda tivo como tema central A ciberseguridade, un novo reto para os drons. O desenvolvemento dos drons supón un gran reto para a seguridade física, (accidentes en persoas, edificios, recintos ou outro tipo de instalacións…) e neste sentido, a ciberseguridade xoga un papel moi importante xa que estes dispositivos están expostos á perda de confidencialidade ou integridade nos seus voos xa que usan tecnoloxías e sistemas informáticos susceptibles de ser vulnerados. Nalgúns casos, o seu uso e aplicación non está a cumprir con todas as medidas legais e de seguridade adecuadas que xeren a confianza necesaria dun uso seguro. Por todo isto, a organización considerou imprescindible a celebración dunha mesa na que os expertos falaron sobre as cuestións técnicas e legais desta problemática, como a alteración e anulación de sinais de Wi-Fi ou GPS que dificulta a seguridade dos aparellos, ou os estándares de seguridade e normativas de protección de datos no que se refire á gravación de imaxes que poden verse afectadas e interferir na privacidade das persoas. Nesta ocasión participaron; baixo a moderación de Xullo Sánchez; Mariña Martínez (Framework Programme Officer at Spanish Office for Science and Technology CDTI – SOST), Belén Pérez (Network and Cybersecurity Engineer en Balidea) e Pedro Cabrera (Telecommunications & Security Ethical Hacking).
Tras a pausa de media mañá, sucedéronse dous relatorios sobre as Oportunidades para as tecnoloxías e servizos baseados en vehículos autónomos en H2020 e iniciativas europeas paralelas desenvolvida por Mariña Martínez; e o Plan estratéxico para o desenvolvemento do sector civil dos drons en España que expuxo Raúl Medina, director xeral de Aviación Civil. O uso de drons en contornas de certa dificultade ou de perigo é unha das tendencias que se observan en moitos dos sectores industriais e de servizos. Neste sentido, a presentación de Mariña Martínez fixo un repaso sobre onde as tecnoloxías e solucións embarcadas en drons e vehículos autónomos poden atopar o seu lugar nos retos sociais e liderado industrial do H2020. Tamén se dará unha visión de oportunidades noutros programas sinérxicos como a Blue Growth Initiative, programas da Unión Europea para a cooperación internacional e axuda ao desenvolvemento, ou os programas de índole de cooperación rexional.
Outras intervencións da sesión da mañá ocupáronse de mostrar as utilidades prácticas neste sector, como a aplicación web de Enaire Drons que pon a disposición de operadores e pilotos de aeronaves non tripuladas a información aeronáutica necesaria para planificar as operacións con total seguridade. A encargada de explicar esta ferramenta foi María Valdés, Enxeñeira en Xeodesia e Cartografía da división de información aeronáutica da empresa creadora.
2018-5-24_dic_galicia_01.jpgPola tarde, antes das mesas redondas previstas, tivo lugar a inauguración do congreso por parte das autoridades implicadas na súa organización e apoio. Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Miguel Santalices, presidente do Parlamento, Rosendo Fernández en nome da Deputación como vicepresidente, e os organizadores José Manuel Martínez (presidente de AGGETT) e Mario Cortés, decano do Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións foron os encargados de plasmar coa súa presenza o apoio institucional co que conta este Congreso. A xornada do xoves pechouse con dúas mesas redondas nas que se analizou, por unha banda, o espectro radioeléctrico e a integración dos drons. Nela revisouse a lexislación e a axilidade á hora de conceder frecuencias para o seu uso con drons, ademais das diferentes ligazóns de radio presentes nas comunicacións. No debate participaron Borja González (Investigador en AtlantTIC), Jorge Munir (head of innovation Gradiant) e Raúl Fernández (xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións en Lugo), moderados por Xavier Alcalá (xestor de relacións tecnolóxicas en Drontec Ibérica).
As aplicacións desta tecnoloxía en agricultura e servizos forestais foi a temática de peche da xornada de hoxe, na que os expertos analizaron as necesidades e oportunidades que os drons incorporan a este sector. O deputado no Congreso Miguel Ángel Viso foi o moderador nunha mesa na que participaron Hugo Rodríguez (enxeñeiro forestal e delegado de zona de Servitec), Jaime Pereira ( Aerocámaras), Nazaret Álvarez (Colexio de Enxeñeiros Agrónomos) e Belén Reboreda (secretaria do Colexio de Enxeñeiros Forestais de Galicia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?