Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaTIC 2018 amosou o presente e o futuro das tecnoloxías feitas aquí
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaTIC 2018 amosou o presente e o futuro das tecnoloxías feitas aquí

Redacción
Publicado: 24/05/2018
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

galiciatic1.jpgHoxe na Cidade da Cultura o histórico evento galego GaliciaTIC (vai xa pola súa edición número 16) volveu demostrar que ten corda para moito tempo. Por unha banda, tocáronse temas de gran actualidade e interese (ciberseguridade, Industria 4.0, dixitalización, información a gran escala) e, pola outra, participaron relatoras e relatores de primeiro nivel. A cita, que se desenvolveu baixo o lema Tecnoloxías, capacidades e infraestruturas para a transformación dixital, incluíu debates, obradoiros e mesas redondas. Tamén houbo demostracións de produtos galegos innovadores e mesmo revolucionarios. Por exemplo o sistema de Xesol para anticipar na estrada as traxectorias dos peóns.
Unha das cuestións que ocupou gran parte dos debates foi a mesma cuestión que vemos reflectida cada día nos nosos correos electrónicos e nos boletíns informativos que recibimos: a inminente entrada en vigor do novo regulamento de protección de datos e como esta entrada en vigor pode afectar as empresas TIC. Esta cuestión foi o eixe temático dunha das mesas redondas da tarde, na que participaron José Nogueira, de Sistemius; Enrique Pedroso, de Landín Informática e Micael Gesto, de Deloitte, abordando os requisitos que deben cumprir as empresas para adaptarse ao novo marco legal que entra mañá en vigor e que prevé “importantes sancións”. Segundo lembraron, as empresas que non cumpran coa nova normativa poden enfrontarse a sancións de ata o 4% da súa facturación bruta.
O foro, organizado pola asociación Ineo e Inetec, serviu tamén para mostrar unha radiografía do estado de saúde e das potencialidades sector TIC galego. No acto inaugural, o presidente desta asociación empresarial, Carlos Abal, sinalou que “a saúde do sector TIC galego é boa, pero pódese mellorar”. A continuación, salientou unha serie de números sobre o ámbito TIC na nosa Comunidade: un ámbito que xera 12.000 empregos e contribúe ao PIB nun 2,5%. Ademais, dixo, “Galicia é a quinta autonomía con maior número de empresas TIC e o 23% delas están internacionalizadas”.
No acto de inauguración tamén participou Mar Pereira, directora da axencia AMTEGA, quen fixo un percorrido polo proceso actual de transformación dixital da nosa terra. Segundo fixo saber, este proceso de evolución tecnolóxica nos segmentos empresariais de menor tamaño é “un camiño de longo percorrido”, que precisa dun liderado dentro da propia empresa e tamén de exemplos tanxibles que animen ás PEME a avanzar neste vieiro. Ao fío disto, Pereira salientou os plans da Axenda Dixital galega para modernizar ámbitos clave como o Smart Turismo, orientado a impulsar Galicia como destino turístico intelixente; a Memoria Dixital para mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego; o Primare para promover a modernización dos sectores agrario e da pesca; o Dico Mindset para favorecer innovación e a competitividade non ámbito dos contidos dixitais ou o Plan de Modernización do Transporte por estrada.
A transformación dixital tamén foi o fío temático da primeira das mesas redondas de GaliciaTIC 2018. Nela, participaron catro directivos de empresas referenciais do sector galego: R, Televés, Edisa e Improving Metrics. Os relatores coincidiron en destacar que o tratamento do Big Data permitirá xerar novos modelos de negocio. Tamén fixeron fincapé nas potencialidades do pago por uso (aboaremos os custes do servizo en función do emprego que lle deamos ao servizo), na necesidade de facermos cambios na organización das empresas para afrontar a dixitalización e na conveniencia de xuntar forzas, todos os membros dunha compañía, para encarar ese proceso.
Sen dúbida un dos relatorios que máis expectación xerou foi o de Andrés L. Martínez, responsable de desenvolvemento de programas en Google. Durante a súa intervención, salientou que “nos últimos 40 anos vivimos o período de máxima innovación no mundo do software debido, en parte, aos ecosistemas abertos”. Na súa opinión, “a través de plataformas como Android, Tensor Flow ou Kubernetes tanto as grandes empresas como as startups e as PEME son quen de desenvolver proxectos, produtos e servizos que impactan a millóns de persoas en todo o mundo, contribuíndo, directa ou indirectamente, á creación de emprego e ao desenvolvemento económico e social”. Logo de debullar as experiencias desenvolvidas por Google no ámbito dos ecosistemas abertos, abordou en particular o caso Android, un sistema operativo que “xerou, en Europa, 1,2 millóns de postos de traballo e que contribuíu ao PIB de máis de 200 países cun montante global de 3 billóns de dólares”, explicou, engadindo, no caso da nosa terra, que Galicia “conta con interesantes exemplos de compañías que forman parte do ecosistema de desenvolvedores”, como por exemplo a firma Igalia, a asociación AGASOL e as súas empresas integrantes, ou Vigo Tech.
Ademais dos relatorios e mesas redondas promovidas ao abeiro do foro, houbo unha ampla marxe para exhibir interesantes novidades desenvolvidas por empresas galegas do ámbito TIC. Así, puido verse no Gaiás un innovador sistema de percepción dinámica da contorna que detecta e monitora a traxectoria dos peóns. Os asistentes ao evento puideron comprobar por eles mesmos nun coche como funciona este novo sistema que optimiza a seguridade viaria e do peón. Neste mesmo apartado, ademais, mostrouse un potente sistema de visión artificial capaz de detectar fatiga, distracción ou somnolencia ao volante. Ambas as solucións foron desenvolvidas pola empresa Xesol Innovation.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?