Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A prensa galega e os seus procesos de transformación no dixital, ao detalle na Cidade da Cultura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A prensa galega e os seus procesos de transformación no dixital, ao detalle na Cidade da Cultura

Redacción
Publicado: 25/05/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

biblio_papel-ao-dixital_a3_3_horizontal.jpgO vindeiro 8 de xuño celébrase na Cidade da Cultura un encontro para visualizar, polo miúdo, o que cambiou o xeito de facer xornalismo dende o primeiro intre en que se formalizou a profesión como tal, abrindo tamén unha xanela ás transformacións experimentadas polos lectores, poñendo o foco na chegada do tecnolóxico. A xornada Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital contará coa participación de reputados expertos galegos en comunicación. Por exemplo o director xeral do Grupo El Progreso, José de Cora, que abordará o uso das hemerotecas dixitais como fonte de investigación.
Tamén intervirán o catedrático da USC, xornalista e antigo decano da Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela Xosé López García (que centrará o seu relatorio na prensa comarcal galega e nos seus retos de dixitalización), a decana da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, María Isabel González Rey, ou o presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez Sandomingo (que falarán do devir na historia de La Voz de Ortigueira).
Helena Verdía e Noelia Bascuas, do equipo técnico de Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia, xunto co investigador Enrique Santos Gayoso, farán un repaso pola obra Historia da Prensa en Galicia.
Ademais, o xefe do servizo da Biblioteca de Galicia, Daniel Buján, falará sobre a colección hemerográfica de Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia.
Pola súa banda, Lola Rodríguez Fuentes, de Xestión de Coleccións de Publicacións Seriadas da Biblioteca Nacional de España, e Paquita Navarro, responsable da Unidade de Dixitalización da Biblioteca de Catalunya, avaliarán os fondos de publicacións periódicas que se achan nos arquivos das bibliotecas nas que desenvolven o seu labor.
A cita inaugúrase ás 9.30 horas da man do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Barreiro Rivas.
Por certo que ao longo da mañá, Sofía Vázquez e Miguel Silva debullarán o proxecto para executar a dixitalización de La Voz de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?