
Segundo explica este último colexio, a demanda do COETG “poñía de manifesto a existencia de nove postos de traballo de técnicos superiores en Informática que, de acordo coa anterior relación de postos laborais, estaban abertos a diferentes titulacións”, entre elas as de enxeñeiros en Telecomunicacións, e así se convocaron para a súa cobertura temporal.
Co fin de poñernos en situación sobre o acontecido, o CPEIG lembra “que o pleno da corporación provincial aprobou a relación de postos de traballo definitiva despois de que este colexio profesional presentase un recurso contencioso para permitir só o acceso a titulados en Enxeñaría en Informática en aras de defender os intereses do colectivo”. Esta nova relación de postos de traballo reserva as prazas exclusivamente aos titulados na Licenciatura ou Enxeñaría en Informática ou equivalente.
Segundo engade o CPEIG, “a demanda non ten razón de ser” ao indicar que o acordo plenario do órgano provincial vulneraba a normativa ao crear a subescala de “Técnico Superior en Informática”, aínda “que está demostrado que este acordo realizouse con pleno sometemento aos preceptos sinalados”. Para o colexio de informáticas/os, pola súa propia denominación, a subescala de “Técnico Superior en Informática” non pode ter outras dedicacións que as propias da rama informática, que conta cunha titulación específica regulada no RD 1459/90, diferente á de enxeñeiro de Telecomunicacións que se regula no RD 1421/91.
Desestimado o recurso do COETG contra o acordo da Deputación da Coruña a prol dos enxeñeiros informáticos
Compartir Este Artigo

