Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo achega as novas tecnoloxías aos maiores de Ribeira de Piquín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo achega as novas tecnoloxías aos maiores de Ribeira de Piquín

Redacción
Publicado: 30/05/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_maiores_tic_inlugo.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo segue adiante co seu labor tecnolóxico-formativo para os maiores da provincia. Segundo vén de informar a fundación, estes días está a impartir en Ribeira de Piquín un dos doce cursos que integran o seu programa de alfabetización tecnolóxica para o rural deste segundo trimestre de 2018. O vicepresidente provincial, Argelio Fernández Queipo, acompañado polo alcalde, Roberto Fernández Rico, mantivo hoxe un encontro cos 15 participantes na actividade. Nela, por certo, os participantes teñen a oportunidade de iniciárense no mundo de Internet.
Fernández Queipo salientou “o éxito que están a ter estes cursos formativos, tal e como constatamos nos tres que xa levamos impartidos en Navia de Suarna, Foz e Xermade”. Segundo fixo saber, o alto nivel de participación bota por terra a falsa crenza do desinterese das persoas de idade polos recursos dixitais e, de feito, “demostra o interese que hai por parte dos maiores sobre a utilidade das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a súa calidade de vida”. Fernández Queipo tamén anunciou que a vindeira semana o eixe de actividades da Fundación TIC desprazarase ata Baleira. O cursos na provincia son sobre o uso do móbil e Internet, as materias máis demandadas polos usuarios do InLugo da TIC.
Amais de todo o devandito, Argelio Fernández engadiu que “dende o Goberno da Deputación traballamos polo noso rural e promovemos iniciativas que melloran a calidade de vida dos nosos veciños co obxectivo, entre outros, de facer fronte ao despoboamento”. Na súa opinión, as novas tecnoloxías representan “un papel moi importante, polo que seguiremos promovendo o seu uso entre os nosos maiores para facilitar o seu día a día e o contacto cos seus familiares e amigos”. Neste senso, avanzou que “a nosa intención é achegar estes cursos a toda a provincia en vindeiras edicións”.
Máis de mil prazas
Este segundo trimestre de 2018, a Fundación TIC ofrece 1.085 prazas nos 81 cursos que imparte, tanto na sede da entidade como na provincia. A cifra, segundo destaca a Deputación, supón un incremento do 60% con respecto á tempada anterior. A entidade que preside Darío Campos tamén está a facer un especial esforzo para dar resposta á alta demanda que suscitan este tipo de actividades formativas TIC. “Isto reflíctese no rápido que se cobren as prazas dispoñibles unha vez que se abren os prazos”, explica a Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?