Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia sube ao quinto posto no ranking estatal de uso de software libre nas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia sube ao quinto posto no ranking estatal de uso de software libre nas empresas

Redacción
Publicado: 31/05/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pemes_0.jpgO software libre avanza nas nosas empresas, tanto pola súa flexibilidade, como polos menores custes que regularmente poñen en xogo, como polo labor de divulgación e espallamento despregado polas nosas comunidades e empresas de software libre. A isto tamén hai que engadir o feito de que este tipo de programas estean abertos (literalmente falando) ás nosas necesidades específicas, con ampla marxe de adaptación ás mesmas. Este medre do software libre en Galicia vese reflectido no novo estudo do observatorio OSIMGA (dependente da axencia autonómica AMTEGA) no que se informa que as empresas da nosa terra de dez ou máis empregados xa superan a media estatal no emprego deste tipo de ferramentas. Isto a que posición nos leva? Pois do noveno ao quinto lugar do ranking por Comunidades Autónomas.
No estudo, entre outros moitos datos de interese, dáse conta de cales serían as ferramentas libres de meirande implantación no noso tecido produtivo. Unha vez máis, seguen a ser os navegadores de Internet e as aplicacións ofimáticas, cun 85,4% e 61,1% respectivamente no caso das empresas de 10 ou máis empregados e un 48,6% e 40,5% respectivamente no caso das microempresas.
No caso das empresas informáticas, as aplicacións máis usadas son as suites ofimáticas (59,4%), os navegadores de Internet (59,4%), e os sistemas de xestión de contidos web (43,2%). A investigación tamén destaca outro dato a ter en conta: que en determinadas aplicacións, como a xestión de contidos web ou as aplicacións de deseño gráfico, hai máis empresas que usan software libre que privativo. No primeiro caso é 11,3 puntos porcentuais superior e no segundo caso 6,4 puntos de diferencia.
As empresas informáticas galegas como provedoras de solucións TIC
Un 52,7% das empresas informáticas galegas que se dedican á venda de produtos de software, ofrecen solucións de software libre aos seus clientes. As solucións nas que o software libre ten maior penetración son os sistemas e-learning (ensino a distancia), servidor web, sistemas de xestión de contidos de portais e páxinas web, os sistemas de desenvolvemento e as solucións de comercio electrónic, “sendo en todos os casos a porcentaxe de empresas que ofrecen solucións libres superior á que ofrecen solucións privativas”, explícase.
Motivos para non usar software libre
Os principais motivos argumentados polas empresas que non usan aínda software libre varía en función do sector e do tamaño. No caso das microempresas, o principal factor aducido é o descoñecemento de solucións ou a falta de referencias sobre os produtos de software libre e no caso das empresas de máis de 10 empregados, o motivo máis citado é o temor aos problemas que pode ocasionar a migración a sistemas ou aplicacións libres.
Pola súa banda, as empresas informáticas argumentan como motivo principal para non empregar software libre a percepción da “incompatibilidade cos sistemas ou interlocutores actuais”, en opinión do 34,3% das empresas enquisadas, seguido do “descoñecemento de solucións ou a falta de referencias sobre os produtos de software libre” argumentado polo 21,7% das empresas informáticas galegas.
Medidas para a promover o uso do software libre
Desde o ano 2010 a Xunta, a través da axencia AMTEGA, vén desenvolvendo, en colaboración cos principais axentes do sector un plan anual para o impulso e difusión do software libre na administración, nas empresas e na cidadanía. Ás actuacións deste plan súmanse as que se desenvolven deste o Centro Demostrador TIC, o CNTG e da Oficina de Software Libre. A información sobre as necesidades do sector empresarial servirá para incidir nestas liñas nas actuacións a desenvolver durante o ano 2018.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?