Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG pon o foco na vulnerabilidade das PEME na súa xornada sobre ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG pon o foco na vulnerabilidade das PEME na súa xornada sobre ciberseguridade

Redacción
Publicado: 31/05/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

inauguracion_iii_xornada_de_ciberseguridade_en_galicia_4_.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) xuntou hoxe un amplo elenco de expertos para debater e mostrar o seu coñecemento arredor da que moi probablemente é a cuestión que máis preocupa aos profesionais e usuarios da Sociedade da Información: a seguridade dixital. Estamos a falar da terceira edición da Xornada de Ciberseguridade en Galicia, que contou co patrocinio da firma Emetel e a colaboración de ABANCA, Symantec, a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e o Campus Innova (UDC), amais da presenza de profesionais de Google ou Microsoft. A cita foi en Santiago na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Con esta actividade, o CPEIG quixo “conectar co reto da seguridade e a privacidade, unha das principais preocupacións de cidadáns, empresas e administracións públicas”.
A xornada foi inaugurada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez; o director de Prevención de Pérdida, Continuidade e Seguridade de ABANCA, Roberto Baratta; o director asociado de EMETEL, Camilo Lobato; e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia, Mar Pereira.
inauguracion_iii_xornada_de_ciberseguridade_en_galicia_5_.jpg Na cita, como dixemos, participou unha nutrida equipa de expertos en protección de datos e tecnoloxías. O programa incluíu dúas mesas redondas: unha sobre administracións públicas, moderada por Roberto Baratta, e coa participación do director xeral de INCIBE, Alberto Hernández Moreno; o delegado de Protección de Datos do Consello Xeral da Avogacía Española, José Luis Piñar; e o xefe de Ciberseguridade do Centro Criptológico Nacional (CCN), Javier Candau; e outra mesa centrada nas empresas e moderada polo director de Transformación dixital e Seguridade de Emetel, Rafael Ave, e na que interviron o Global Security & Compliance Strategist de Google Cloud at Google Inc., Julien Blánchez; o Security Technical lead de Microsoft, Fernando Rubio; o Strategist & Evangelist na oficina do CTO en Symantec, Ramsés Gallego; e o co-fundador e co-organizador do evento RootedCON Román Ramírez.
Fernando Suárez explicou na xornada que o CPEIG “é consciente dos retos e oportunidades que se xeran ao redor da ciberseguridade, polo que ademais de organizar xornadas divulgativas como a de hoxe, o pasado ano participou na creación da Rede Galega de Ciberseguridade e fai tan só uns días no Máster Universitario de Ciberseguridade, das Universidades de A Coruña e Vigo”. Asemade, salientou a capacitación das/os nosas/os expertas/os: “Galicia dispón de grandes profesionais e empresas no ámbito tecnolóxico e no mundo da seguridade, e debemos aproveitar este potencial para situarnos como referencia no sector”.
En canto ao contexto global da protección dixital, Fernando Suárez indicou “que o 43 % dos ataques a nivel global concéntranse nas pequenas e medianas empresas, un botín menor en potencia, pero con medidas de seguridade menos sofisticadas o que o converten nun obxectivo máis atractivo para os cibercriminais”.
Por outra banda, o presidente do CPEIG lembrou que un dos fitos relevantes de 2017 foi “a evolución do ransomware á autopropagación”, eliminando a necesidade do elemento humano para propagar o ataque, sen precisar unha descarga, infección vía correo electrónico ou a introdución dun USB.
Suárez tamén fixo referencia á alerta mundial enviada polo FBI, que detectou un ataque de hackers proveniente de Rusia mediante o que se introducía un malware que se apropia do router doméstico co fin de espallar ataques mundiais coordinados. “Os ciberatacantes poderían anular por completo a conexión a internet en zonas enteiras e realizar ataques masivos a obxectivos determinados”, explicou, salientando tamén as importantes consecuencias que se derivan destas ameazas activas: “O 53% dos ataques causan danos por máis de medio millón de dólares, provocando non só perdas por ingresos senón tamén oportunidades e clientes”.
inauguracion_iii_xornada_de_ciberseguridade_en_galicia_2_.jpgPola súa banda, Roberto Baratta destacou que “é preciso fomentar a ciberseguridade no tecido empresarial onde cada vez máis se asenta a economía dixital, destinada a proporcionar estes servizos aos clientes, cos seus consecuentes desafíos e riscos para as empresas”. Asemade, apuntou os obxectivos principais da ciberseguridade: “Detectar ataques e responder, concienciando a empresas, administracións públicas e cidadanía; profundar no regulamento para facilitar aos sectores empresariais a dixitalización, xa que os clientes demandan servizos da economía dixital; e apostar polo talento do tecido local, capacitado para crear solucións locais de ciberseguridade”.
Camilo Lobato manifestou que, como representante dunha empresa adicada ao desenvolvemento social e económico da súa contorna, cre “fundamental proceder a unha dixitalización segura que garanta a protección”. Pola súa parte, Mar Pereira puxo o foco “na importancia de concienciar a políticos, empresarios e cidadáns sobre a ciberseguridade”. Centrándose no eido empresarial, dixo que “é primordial acadar un marco de confianza e seguridade que garanta o crecemento das empresas en Internet e o seu consecuente negocio na Rede”. En canto á sociedade, a directora de AMTEGA sinalou que “os cidadáns deben decidir o que queren que se saiba deles”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?