Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EE de Telecomunicación despide preto dun cento de estudantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EE de Telecomunicación despide preto dun cento de estudantes

Redacción
Publicado: 04/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_telecomunicacion_2018.jpgEste primeiro de xuño celebrouse na Escola de Enxeñería de Telecomunicación o acto de graduación da quinta promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e da terceira do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. En total, graduáronse 69 estudantes da primeira e 20 da segunda das titulacións. O acto foi presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero; a comisionada para o Vigo Tecnolóxico, Edita de Lorenzo e o director da Escola, Íñigo Cuiñas. Na cita participaron tamén Alfredo Ramos, director xeral de R, e Iago Soto, director executivo (CEO) da firma galega Quobis. Ramos e Soto lembraron cadansúa experiencia na EET (ambos tituláronse nesta escola) e fixeron un percorrido polas carreiras profesionais, animando ás/aos estudantes presentes a tomar o vieiro da innovación e o emprendemento TIC.
En palabras de Cuíñas, Ramos e Soto representan “dúas traxectorias profesionais de éxito, unha dirixindo un operador de telecomunicacións territorial pero cunha implantación moi importante e o outro como emprendedor cunha empresa en crecemento e que dá emprego a máis de 35 enxeñeiras e enxeñeiros saídos da escola”. O director da EET reivindicou na súa intervención o papel das e dos “telecos na evolución da sociedade dende a etapa industrial á era da información e o coñecemento”. Segundo explicou, “as tecnoloxías, os procedementos, os sistemas, os desenvolvementos de moitos profesionais da telecomunicación, saídos da escola de Vigo e de tantas outras, levan ao mundo máis aló do imaxinado hai un feixe de anos”.
Cuiñas convidou aos estudantes a “seren os actores da nova sociedade tecnolóxica”, unha “nova liga” na que as TIC “permitiranvos exercer a vosa profesión en calquera sector da nosa economía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?