Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Big Data permite ás empresas e ás administracións deseñar servizos personalizados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Big Data permite ás empresas e ás administracións deseñar servizos personalizados

Redacción
Publicado: 04/06/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180604_mar_pereira.jpgDurante a inauguración esta mañá do Foro sobre Big Data, organizado por El Correo Gallego en Santiago de Compostela, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, sinalou que a aplicación de técnicas de Big Data permitirá pasar «dun modelo de Administración reactiva, que actúa baixo a demanda dos cidadáns a unha Administración proactiva, que se adianta ás súas necesidades en base á información que dispón deles».
Pereira afirmou que o seguinte paso no proceso de dixitalización da Administración será o aproveitamento da capacidade de análise que ofrece o Big Data que «levará un tempo» xa que «queda camiño por percorrer». Destaca que na Xunta estase a avanzar na integración de técnicas de Big Data no ámbito da saúde e do turismo.
Tamén fixo fincapé na importancia de contemplar a aplicación de solucións de Big Data baixo os principios de proporcionalidade e privacidade. Tras a entrada en vigor do Real Decreto de Protección de Datos –recordou Pereira– son os cidadáns os que deciden que queren saber deles e con que fins­­­.
Por outra banda, a directora da Axencia autonómica destacou a capacidade do sector tecnolóxico galego e animou aos empresarios a localizar talento e retos na Comunidade para favorecer a consolidación dun tecido tecnolóxico forte, un obxectivo compartido pola Administración autonómica e recollido na súa Axenda Dixital de Galicia 2020.

Tendencias tecnolóxicas e aplicacións noutros sectores

O Foro de El Correo Gallego reunía a empresas do sector tecnolóxico con diferentes liñas de actuación no eido do Big Data e a empresas doutros sectores e representantes do sector público que están a aplicar solucións de análise de datos nos seus negocios ou iniciativas. O relatorio inaugural recaeu en Andrés García-Rodeja, director do CEIN-Analytics de DXC Tecnology en Santiago de Compostela.
Tras esta intervención, a primeira das mesas abordou as novidades en torno ao Big Data e as novas solucións que están desenvolver empresas como Torusware, representada polo seu director xeral e cofundador, Guillermo López; PUE, de cuxos proxectos falou o seu business director, Roberto López; Bahía Software, cuxo director de Negocio en Saúde, José Ramón Varela, expuxo as principais liñas de actuación; Plexus, representada pola manager directora Data Tecnologies, Granada Giménez; e Televés, de cuxas iniciativas falou o seu director de I+D+i, Sebastián Pantoja. A mesa estivo moderada polo profesor do Máster de Big Data da USC, Eduardo Sánchez Vila.
Na segunda mesa da mañá expuxéronse diferentes aplicacións do Big Data no sector público e empresarial coa intervención do subdirector xeral de Sistemas da Información do Sergas, Benigno Rosón; o director xeral de Información, Procesos e Operacións de Abanca, José Manuel Valiño; e o director técnico de Martín Códax, Miguel Tubío. O profesor de Dereito Constitucional e director do Centro de Estudos de Seguridade da USC, José Julio Fernández, foi o encargado de moderar a mesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?