Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense pechou fileiras arredor da transparencia política, a proximidade e o rigor nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense pechou fileiras arredor da transparencia política, a proximidade e o rigor nas redes sociais

Redacción
Publicado: 05/06/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_ourense_xornadas_comunicacion_politica.jpgA semana pasada a Deputación de Ourense celebrou uns encontros que se puxeron sobre a mesa as diferentes metodoloxías das que botar man para acadar os niveis máis óptimos posibles de goberno electrónico e aberto, de participación cidadá e de xestión pública nas administracións provinciais e locais, entre outras cuestións. Do que se tratou en parte, foi de ver ata que punto as novas ferramentas tecnolóxicas poden garantir un mellor exercicio do labor público. As sétimas Xornada sobre as deputacións do futuro, co-organizadas pola Deputación de Ourense (xunto coa Fundación Democracia e Goberno Local) celebráronse no Centro Cultural Marcos Valcárcel e serviron para pór en valor a importancia de seren (alcaldes, concelleiros, deputados, presidentes de entidades provinciais) transparentes e rigorosos. E, tamén, de seren innovadores.
A xornada foi inaugurada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen defendeu “unha comunicación construtiva, en positivo e rigorosa”, destacando que crer na comunicación “favorece a confianza e unha maior interacción, e é fundamental para a excelencia na xestión política e institucional”. Tamén salientou “a aposta firme” da entidade provincial a prol “dunha comunicación próxima e transparente”, o que se materializa en datos como o feito de que a Deputación de Ourense e o seu presidente “sexan líderes neste ámbito en Twitter”, sinalou. Este fío temático foi collido logo polo consultor en Comunicación política José Luis Vicente, que recordou que a Deputación de Ourense “destaca polo seu labor de comunicación e visualización nas redes sociais”. Ademais, remarcou a importancia de equilibrar información e comunicación, poñendo o foco na necesidade de gañarnos a confianza dos cidadáns, unha confianza que se “gaña coa proximidade e entusiasmando, máis que convencendo”.
A xornada comezou co relatorio de Estrella Montolio, catedrática de Lingüística Hispánica da Universidade de Barcelona, quen falou sobre a importancia de construír unha mensaxe eficaz e da sinxeleza para acadarmos a meirande eficaz nas nosas comunicacións, “porque os cidadáns teñen dereito a entender, e esta é a única maneira de garantir a confianza con eles: tendo unha comunicación institucional clara!.
Pola súa banda, Fran Carrillo, director da consultora de comunicación La Fábrica de Discursos salientou a importancia do impacto emocional e dun uso útil e responsable dos servizos de comunicación dixital e das comunidades en liña: “As redes sociais non gañan eleccións pero marcan a axenda da conversa”, dixo, defendendo “unha comunicación xenuína, non desvirtuada, e baseada en valores”.
Pola súa banda, a analista política Verónica Fumanal avogou pola información veraz nas redes e informou que a día de hoxe “os partidos políticos, as institucións e os medios informativos compartimos os mesmo retos e a mesma problemática, e temos que entendernos entre todos dentro da batalla do relato”, salientando que o “río mediático” é algo contra o que non podemos loitar, “pero si que podemos combater a crise de credibilidade, para o cal temos que saber ler e entender a realidade dos cidadáns”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?