Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ONU premia a ferramenta na que se basea o Portal de Participación UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ONU premia a ferramenta na que se basea o Portal de Participación UDC

Redacción
Publicado: 07/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_portal_participacion.jpgA plataforma de participación cidadá Decide Madrid, do Concello de Madrid, que a fonte da que abrollaron proxectos que nos collen de preto, como o Portal de Participación da Universidade da Coruña (udcdecide.udc.gal), vén de recibir o Premio ao Servizo Público da ONU 2018 por “establecer modelos de gobernabilidade máis abertos, transparentes, participativos e inclusivos”. O recoñecemento obtívose na categoría Facer que as institucións sexan inclusivas e garantan a participación na toma de decisións, á que se presentaron un total de 111 candidaturas de todo o mundo.
Segundo lembra a UDC, esta plataforma base emprega a aplicación de software libre Consul, desenvolvida e liberada polo Concello de Madrid, que está a usarse por preto de 80 institucións de 16 países, “consolidándose como referente mundial en canto a participación cidadá”. Entre outros, estase a usar polos gobernos de París, Turín, Bos Aires, Quito, Lima, La Paz, Montevideo. Ademais o Goberno de Uruguai utiliza esta aplicación a nivel nacional para desenvolver o seu plan de goberno aberto.
A Universidade da Coruña é a única universidade adherida a esta iniciativa de participación. O portal da UDC, como lembraremos, foi lanzado e presentado en outubro de 2017, cando se deu a coñecer como un novo e interesante xeito de “facer comunidade” nos campus e alén deles. Segundo se fixo saber daquela, o portal posibilita que “calquera usuario da comunidade universitaria poida debater sobre os temas que lle preocupan, propoñer ideas de mellora da UDC e decidir, co seu voto, as que se leven a cabo”. O seu funcionamento é o seguinte: as/os usuarias/os dos campus teñen grazas ao portal a posibilidade de crear e apoiar novas propostas que en caso de acadar unha cantidade de votos elevada serán estudadas por un grupo de traballo para decidir despois se se leva a cabo. A plataforma tamén se abre á cidadanía, aínda que só poden presentar e apoiar propostas os membros da comunidade universitaria.

Tamén no Concello da Coruña

A plataforma de participación CONSUL é a que serve
de soporte para o proceso de Orzamentos Participativos do Concello da Coruña

dende o ano 2016, cando implantouse a través de A Porta Aberta, que serve de base
para o programa de democracia directa que facilita á cidadanía a toma de decisións
respecto a unha parte dos investimentos municipais.
O coñecer o galardón da ONU a concelleira de Participación e Innovación
Democrática, Claudia Delso, salientou que o Concello da Coruña «seguirá a
colaborar e alimentar tanto esta plataforma como outros proxectos
colaborativos» como a Plataforma de
Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable
que A Coruña está a desenvolver
con Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela a través da convocatoria estatal Ciudades Inteligentes de la agenda digital
para España
.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?