Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago dálle un empurrón ao proceso dixitalizador das empresas con TICCámaras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago dálle un empurrón ao proceso dixitalizador das empresas con TICCámaras

Redacción
Publicado: 08/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ticcamaras.jpgA Cámara de Comercio de Santiago vén de convocar unha nova edición do seu programa para empurrar a dixitalización das empresas locais. Trátase de TICCámaras 2018, que inclúe axudas para PEME, microPEME e autónomos para que, en termos de servizos concretos, lle poidan tirar proveito a cousas como a nube, o comercio electrónico ou a mercadotecnia dixital. O obxectivo é que poidan mellorar as súas estratexias, maximizar oportunidades e incrementar produtividade competitividade.
O programa, co-financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, ofrece plans de incorporación da economía dixital mediante un plan individual de sensibilización e apoio á empresa destinataria para a integración das TIC nos seus procesos de negocio e estratexias. Inclúe unha primeira fase cun servizo de diagnóstico de balde, onde técnicos camerais analizan o nivel de aproveitamento das tecnoloxías no negocio e recomendan diferentes opcións de mellora.
En concreto, incentivará que as empresas incorporen ferramentas de produtividade na nube, como ERP, CRM (sistema de xestión de clientes), TPV, loT, Big Data, realidade virtual, mellora tecnolóxica para o comercio electrónico creando ou actualizando webs, tenda en liña, pasarela de pagos, facturación electrónica ou sinatura dixital, ou adquirindo coñecementos de marketing dixital en canto a visualización web, mercadotecnia dixital, redes sociais ou aplicacións móbiles.
Nunha segunda fase do programa está a implantación dun plan de desenvolvemento tecnolóxico, subvencionado ata un 70% polo Fondo FEDER para investimentos dun máximo de 7.000 euros, mentres que a empresa beneficiará aportará o 30% adicional, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.
O prazo de presentación de solicitudes abrirase o vindeiro 15 de xuño e pecharase o 31 de xullo. A tramitación poderase realizar de maneira presencial nas dependencias da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo) ou de maneira telemática na sede electrónica da entidade. Para máis información, cómpre acceder á sede electrónica da entidade compostelá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?