Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 35 persoas fórmanse na Molinera en prototipar ferramentas 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 35 persoas fórmanse na Molinera en prototipar ferramentas 4.0

Redacción
Publicado: 11/06/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_prototipado_campus_ourense.jpgO Centro de Innovación Social Dixital A Molinera de Ourense está a acoller estes días (e ata o 18 de xuño) unha actividade formativa sobre metodoloxías da nova revolución industrial e tecnolóxica. Trátase do obradoiro Experto en prototipado con ferramentas 4.0: proxectos robóticos, electrónicos e microinformáticos, un curso de extensión universitaria organizado polo Campus de Ourense (co financiamento da Deputación) no que participan 35 persoas adquirindo os recursos precisos para desenvolver todo o proceso de elaboración dun prototipo, desde a súa programación e electrónica ata a súa impresión en 3D.
O curso está dirixido polo catedrático Florentino Fernández-Riverola e polo profesor José Ramón Méndez Reboredo, do Grupo de Investigación SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración) do Departamento de Informática da Universidade de Vigo. Cunha duración de 60 horas impartidas en horario de tarde na Molinera, a formación divídese en tres módulos, un primeiro de electrónica e programación, un segundo de corte con láser e un terceiro de impresión 3D.
Segundo detallan os directores do curso, “o crecente interese polo desenvolvemento de sistemas electrónicos e microinformáticos orientados ao control de calquera proceso ou sistema e nun escenario onde todo dispositivo tende a conectarse a Internet, o uso de sensores e actuadores en combinación con circuítos electrónicos e microinformáticos posibilita o control de calquera sistema”. Ao fío disto, os directores engaden que a materialización de placas de circuíto impreso que integren todos os compoñentes eléctrico/electrónicos, así como o coñecemento de principios básicos de electrónica, “resultan imprescindibles para abordar o deseño, aplicación e posta en marcha de calquera proxecto electrónico”.
Os obxectivos detallados do curso abranguen cuestións como capacitar ao alumnado para o desenvolvemento de circuítos electrónicos, para deseñar e fabricar prototipos electrónicos e programables funcionais e para comprender os fundamentos básicos do deseño de placas de circuíto impreso. Ao longo das sesións, as e os participantes, aprenderán ademais a manexar o instrumental necesario na construción de prototipos que manexan hardware electrónico e iniciaranse no mundo do hardware libre e os microcontroladores utilizando a plataforma Arduino e no manexo dunha ferramenta de deseño vectorial, entre outras temáticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?