Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara, o Concello de Santiago e o INCYDE achegaron a Internet das Cousas a 20 emprendedoras e emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara, o Concello de Santiago e o INCYDE achegaron a Internet das Cousas a 20 emprendedoras e emprendedores

Redacción
Publicado: 12/06/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clausura_do_programa_de_internet_das_cousas_3_.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela clausurou hoxe o seu programa de formación avanzada sobre os obxectos conectados e as súas posibilidades á hora de lanzar novos proxectos de mercado ou ampliar e mellorar proxectos xa existentes. Falamos do programa Constrúe o teu Futuro. Internet das Cousas (IoT) e Emprendemento”, do que tamén se entregaron os diplomas ás/aos participantes. A cita foi no viveiro de empresas que a Cámara ten no Polígono de Costa Vella. A formación, organizada con co-financiamento do Concello de Santiago e da Fundación INCYDE (a través do Fondo Social Europeo) foi clausurada pola concelleira de Desenvolvemento Económico de Santiago, Marta Lois; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación INCYDE, Carlos Silván.
A formación, que se celebrou do 16 de abril ao 25 de maio na incubadora de Costa Vella, destinouse a mozos e mozas menores de 30 anos sen estudos en curso nin ocupación laboral na actualidade, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores ou profesionais que desexan iniciarse no desenvolvemento da IoT (Internet of Things), así como os interesados en ampliar e consolidar os seus coñecementos no eido da creatividade dixital.
clausura_do_programa_de_internet_das_cousas_1_.jpgO programa, no que participaron 19 alumnos e alumnas (10 mulleres e 9 homes), ten por obxecto “mostrar os distintos modelos de negocio baseados e realizados baixo este paradigma, con especial atención aos sectores máis puxantes e considerar as novas solucións que comercializan as novas firmas innovadoras nos ámbitos nacional e internacional”.
Fernado Barros sinalou que na formación explicáronse as tecnoloxías vinculadas á Internet das Cousas e que tipo de requisitos son básicos para construír un modelo de negocio analizando e realizando un estudo de mercado. Tamén deu a coñecer as ferramentas necesarias e distinguiu casos de éxitos das empresas que xa triunfaron no eido IoT. Desenvolvéronse conceptos de información a gran escala, uso de aplicacións móbiles e conceptos de ciberseguridade e benchmarking. Ademais da entrega de diplomas, o alumno Óscar Bonome presentou o seu proxecto Bono Magic 3D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?