Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dezasete rapaces participaron no programa de videoxogos e emprendemento da Cámara de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dezasete rapaces participaron no programa de videoxogos e emprendemento da Cámara de Santiago

Redacción
Publicado: 13/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

videoxogos_emprendemento_foto_de_grupo.jpgO Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa Constrúe o teu futuro: Videoxogos e Emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago, a Cidade da Cultura e a Fundación INCYDE a través do financiamento do Fondo Social Europeo. O acto estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación, Jesús Oitavén; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación INCYDE, Juan Vila-Coro. No curso participaron 17 mozas e mozos, que tiveron a oportunidade de incrementar a súa capacitación profesional e darlle azos ao seu espírito creativo dixital.
O principal obxecto do programa, que se celebrou do 16 de abril ao 25 de maio, foi “facilitar a incorporación ao mercado laboral a menores de 30 anos, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, a través de accións de fomento, formación e apoio ao emprendemento”. Os 17 alumnos e alumnas participantes iniciáronse no desenvolvemento de videoxogos e ampliaron e consolidaron os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.
videoxogos_emprendemento_juan_manuel_otero_exponendo_o_seu_proxecto.jpgFernando Barros explicou que o sector dos videoxogos é “o de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España”, ao que engadiu que “o desenvolvemento de videoxogos é un eido profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada”.
A formación incluíu as principais disciplinas vinculadas á creatividade, innovación e tendencias dentro do mundo do videoxogo (produción de imaxe en 3D, desenvolvemento visual, efectos visuais ou simulación), modelos de negocio, dirección de proxectos, roles de equipo técnico e tecnoloxía, mercadotecnia en liña (Google Analytics, visualización en buscadores, chacina), área xurídico-fiscal, finanzas e área de dirección de proxecto final. Ademais da entrega de diplomas, o alumno Juan Manuel Otero presentou o seu proxecto Chirimolla Games.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?