Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores do Campus de Pontevedra usarán drons para estudar os efectos dos nosos cabalos sobre a biomasa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores do Campus de Pontevedra usarán drons para estudar os efectos dos nosos cabalos sobre a biomasa

Redacción
Publicado: 13/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_cabalos_salvaxes_galegos.jpgSegue adiante o proxecto de investigación Estudo e Conservación do Cabalo Galego do Monte, impulsado por dúas equipas de investigación do Campus de Pontevedra (o grupo AF4 da Escola de Enxeñaría Forestal e o grupo Sepcom, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación), con financiamento da Fundación Biodiversidade. Este proxecto, como lembraremos, quere afondar no estudo do comportamento dos nosos cabalos salvaxes, co fin de avaliar (entre outras cousas) os efectos que provocan sobre a biomasa. A investigación levarase a cabo con drons e con tecnoloxías avanzadas de seguimento, monitoraxe e análise.
O proxecto colleu un impulso extra esta mesma semana, logo de que unha ducia de exemplares de cabalo galego do monte, doados por gandeiros e propietarios forestais do municipio de Cerdedo-Cotobade, fosen trasladados e ceibados nunha parcela pechada de 100 hectáreas xestionada pola Comunidade de Montes Veciñ. A solta, como dixemos, permitirá avaliar os efectos que a presenza desta raza autóctona ten sobre a vexetación, e polo tanto, “na redución de biomasa dispoñible ante posibles incendios forestais”, como explica a investigadora da EE Forestal Xana Álvarez.
A presenza desta manda de cabalos neste espazo permitirá aos investigadores e investigadoras da EE Forestal realizar unha estimación “máis real da cantidade de biomasa que consumen”, análises que, coa colaboración da empresa Xeométrica, realizaranse con drons. Segundo explica Ḉalvarez, “imos facer unha serie de voos en diferentes períodos do ano cos que coñecer o efecto modelador que o cabalo ten sobre diferentes especies vexetais, como por exemplo o toxo”. Tamén se quere comprobar “se estas tecnoloxías serven para facer censos de animais salvaxes”.
Seleccionado na convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva do ano 2017 da Fundación Biodiversidade, o proxecto que o grupo AF4 desenvolve xunto ao grupo Sepcom ten como eixo “o estudo e conservación desta raza autóctona de Galicia, unha das poucas especies de cabalos salvaxes que existen actualmente en Europa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?