Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O cine recuperado polo CGAI pode verse en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O cine recuperado polo CGAI pode verse en liña

Redacción
Publicado: 14/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cgai_arquivo.jpgO Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) – Filmoteca de Galicia renova a súa páxina web, que, alén dun deseño renovado e unha reestruturación integral que mellora a navegación, conta como principal novidade a posibilidade de acceder a parte do arquivo do CGAI en liña, de xeito que procúrase democratizar o acceso ao patrimonio cinematográfico galego que atesoura a institución.
A páxina web inaugúrase cunha selección de oito traballos recuperados e restaurados polo CGAI, aos que se irán sumando máis nos próximos meses, nun proceso de dixitalización do seu arquivo que a filmoteca acometerá ao longo do ano. Estas primeiras pezas teñen un carácter patrimonial e etnográfico en boa parte, centrándose na paisaxe e tradicións de Galicia.
cgai_un_viaje_por_galicia.jpgVarias delas son produto das asociacións galegas en América Latina, tendo como obxectivo orixinal dar novidades da súa terra aos emigrados. É o caso de Galicia y Buenos Aires (José Gil, 1931) ou Un viaje por Galicia (Manuel Arís, 1958), que no seu momento constituíron unha sorte de cartas filmadas e hoxe permítennos coñecer a Galicia deses anos.
Outro dos importantes cineastas amadores que traballou neste eido foi Eligio González, o chamado fotógrafo da colectividade, do que o CGAI rescata Porriño en Buenos Aires (1942) e Imaxes de Castelao en Buenos Aires (1972), un importante documento que recolle a actividade do escritor na capital arxentina entre as décadas dos corenta e os setenta.
Completan esta escolma coa que se inicia a recuperación online do arquivo varios documentais dos anos vinte como Imaxes de Vigo e arredores (anónimo, 1926), Tintorería España (anónimo, 1927), Pontevedra, cuna de Colón (Enrique Barreiro, 1927) e Talleres Alonarti. Sociedad La Artística Ltda. (José Gil, 1928).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?