Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A animación por ordenador e os drons centran novos campamentos de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A animación por ordenador e os drons centran novos campamentos de verán

Redacción
Publicado: 18/06/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20180616_amtega.jpgA Xunta de Galicia amplía a oferta de actividades de lecer e formación dirixidas á mocidade para esta tempada estival coa organización de dous novidosos campamentos centrados no fomento das vocacións tecnolóxicas. Esta acción, enmarcada, no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (Digitalent 2020) que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), engádase á programación da Campaña de Verán 2018 que impulsa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
Precisamente, o conselleiro José Manuel Rey Varela, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira Álvarez, veñen de asinar o convenio de colaboración para o desenvolvemento destes novos campamentos de educación non formal que terán como sede as instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío, situado no municipio coruñés de Bergondo. En concreto, estas novas accións denomínanse Vídeo Mapping. Fai visible o que levas e A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons, de 20 prazas cada un e que se celebrarán do 1 ao 8 de setembro.
Na primeira destas dúas propostas, os participantes poderán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo, e mediante o emprego de ferramentas informáticas serán quen de crear as súas propias composicións e compartilas cos seus compañeiros, mesmo con proxeccións nocturnas no propio albergue. Pola súa banda, na segunda, os mozos e mozas achegaranse aos fundamentos que permiten a creación, o control e voo dun dron.
Aos mozos e mozas que participen facilitaráselles aloxamento no albergue de Gandarío durante as sete noites que dura o campamento, manutención completa o material preciso para o desenvolvemento do programa de actividades establecido.
O obxectivo da oferta de accións de verán da Xunta é que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: culturais, deportivas, ambientais, de voluntariado ou, como é o caso, de carácter tecnolóxico. Trátase de que a xente nova se divirta ao mesmo tempo que se fomenta o seu enriquecemento vital e persoal.
Por outra banda, estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o talento vocacional das profesións científico-tecnolóxicas desde idades temperás é tamén un obxectivo prioritario da Xunta, recollido na Axenda Dixital de Galicia e que se materializa en actuación como o Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?