ABANCA vén de estrear unha nova versión da súa aplicación de banca móbil, unha posta a punto que inclúe novas funcionalidades para a xestión de seguros e que, en palabras da entidade, “mellora a personalización dos datos do cliente”. A empresa explica que con esta nova versión, os clientes que teñan contratado un seguro do fogar poderán mudar dende o seu dispositivo, ao momento, o capital asegurado para continente e contido.
Tamén terán na súa man a posibilidade de consultar e cambiar a conta de cargo dunha póliza de seguro e acceder ao último recibo xa pagado.
Como dixemos, coa actualización recente os usuarios terán máis marxe para personalizar a propia ferramenta cos seus datos de contacto e cunha imaxe de seu. De feito, a app permite consultar e cambiar o noso enderezo de correo electrónico e o teléfono móbil, así como visualizar o enderezo postal.
A banca móbil de ABANCA permítenos personalizar os nosos datos de contacto
Compartir Este Artigo

