Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores de toda Europa xúntanse na UVigo para mostrar a confluencia entre acústica e TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores de toda Europa xúntanse na UVigo para mostrar a confluencia entre acústica e TIC

Redacción
Publicado: 19/06/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_acustic_xornadas.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo acolle estes días unha nova xuntanza investigadora de primeira liña, de cariz internacional e con vontade de abrir novos e enriquecedores vieiros de colaboración. Trátase das primeiras Xornadas en Acústica Avanzada, AcInTic, un encontro no que participan profesionais de todos os recantos de Europa (Alemaña, Holanda, Dinamarca, Noruega, Francia…) e que se dirixe a divulgar nas empresas, sobre todos nas locais, as múltiples posibilidades que permiten a aplicación dos recursos que abrollan da confluencia entre o son, por unha banda, e as novas tecnoloxías, pola outra. Sobre todo en sectores como o motor, a aeronáutica ou a enerxía.
Na apertura das xornadas participaron o profesor Manuel Sobreira, principal impulsor deste evento, o vicerreitor de Economía, José María Martín; o concelleiro de Facenda de Vigo, Jaime Aneiros e o director da escola, Íñigo Cuiñas, que coincidiron ao salientar “a importancia deste tipo de encontros profesionais dirixidos a transferir coñecemento ao tecido empresarial”.
Segundo fixo saber Cuiñas, “durante anos parecía que o ámbito TIC eran un e o industrial outro, e había como un muro no medio que nos separaba, pero pouco a pouco, e cada vez máis, ambos sectores vanse xuntando, o que fai a sociedade progrese a unha maior velocidade”. Ao seu xuízo, hai mancheas de exemplos do devandito, unha nova realidade que se impón na Industria 4.0, na ciberseguridade e, “por suposto”, na enxeñaría acústica. “Con estas xornadas dáselles visibilidade a unhas novas tecnoloxías que, ás veces, o mundo industrial non coñece e que, pola contra, poden serlle de proveito para resolver unha gran cantidade de problemas”, recalcou Cuiñas.
uvigo_acustic.jpg Durante toda a mañá houbo diferentes relatorios dedicados a cuestións de carácter técnico como a visualización de campos acústicos e a localización de fontes. Participaron expertos como Cástor Rodríguez, de Sound of Numbers, spin-off da Universidade de Vigo e entidade colaboradora das xornadas, quen afondou no eido do beamforming, tecnoloxías acústicas enfocadas sobre todo ao diagnóstico de fontes acústicas complexas, o que permite cousas como localizar vibracións producidas por defectos en maquinaria complexa e localizar onde se xera unha vibración ou a emisión dun ruído indesexable.
Tamén interviñeron David Pérez Cabo e Daniel Fernández, procedentes de Microflown (Holanda), mostrando o potencial das aplicacións dos sensores vectoriais acústicos, tanto para a localización de fontes (por exemplo cazadores furtivos) como para a visualización e mapeado de campos acústicos xerados por fontes acústicas complexas (holografía acústica).
Houbo igualmente relatorios adicados á calidade acústica no ámbito do motor: un dirixido a realizar unha revisión de estándares e métodos de avaliación (Santiago Rayes, da empresa danesa Grass) e outra de Damián González sobre a experiencia do CTAG no test vibroacústico que eles realizan.
Este mércores as xornadas centraranse en cuestións relacionadas con intelixencia artificial no mundo da acústica, tecnoloxías que permiten desenvolver unha gran cantidade de aplicacións. “Debemos pensar que en moitas situacións, é a xeración dun evento acústico o que xera unha situación de alerta: a ruptura dunha condución de gas, unha caída, unha explosión ou, simplemente, o pranto dun bebé”, explican os organizadores.
Amais das diferentes conferencias, que terán lugar ao longo de toda a mañá, as xornadas dedicarán a quenda da tarde a sesións demostrativas das diversas tecnoloxías por parte dos principais patrocinadores das xornadas: Microflown, Müller BBM, Norsonic, Avantec e Gfai.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?