Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Instituto Tecnolóxico Galego traballa no proxecto europeo estrela para a xestión smart da enerxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Instituto Tecnolóxico Galego traballa no proxecto europeo estrela para a xestión smart da enerxía

Redacción
Publicado: 22/06/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg_agerar-3.jpgO Instituto Tecnolóxico Galego está a levar o talento da nosa terra ao que sería o proxecto europeo máis relevante da actualidade en materia de almacenamento e xestión smart da enerxía renovable, o proxecto AGERAR. Os demais socios son a Universidade de Sevilla (coordinador); INTA, Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial; a Axencia Andaluza de Enerxía; a Axencia Rexional de Enerxía e Medioambiente do Algarve; a Universidade do Algarve; a Universidade de Évora e o INEGI, o Instituto de ciencia e innovación en enxeñaría mecánica e industrial. O programa de investigación comezou en maio do 2017 e en outubro de 2019 presentaranse os resultados.
Segundo ser fixo saber hoxe, nunha xuntanza dos responsables das entidades participantes no proxecto, AGERAR ten como obxectivo principal promover a eficiencia enerxética e os criterios de sustentabilidade en microrredes comerciais e residenciais, mellorando a xestión de enerxías renovables grazas aos almacenamentos smart e á utilización de Tecnoloxías de Información e Comunicación, as TIC.
No acto de hoxe estiveron presentes Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; Carlos Calvo, director de ITG; Miguel Ángel Ridao, investigador do Grupo de Automática e Robótica Industrial da Universidade de Sevilla (coordinador do proxecto) e Santiago Rodríguez, director da área de enerxía de ITG.
Segundo explicou Carlos Calvo, “os socios do proxecto poremos en común o coñecemento e as instalacións experimentais, o que permitirá desenvolver accións específicas de I+D que ofrecerán información fiable aos entes rexionais responsables das políticas enerxéticas”. A partir de aquí, posibilitarase a creación de plans concretos para acadar máis eficiencia, máis sustentabilidade nos edificios, máis e mellor aproveitamento das renovables e mellores sistemas de almacenamento.
Pola súa banda, Ridao destacou que “en outubro de 2019 verán a luz os resultados deste proxecto de cooperación internacional, clave para o fomento no uso de microrredes de electricidade con fontes limpas e sustentables, que permitirá mellorar a súa xestión grazas a innovadores sistemas de almacenamento de enerxía e ao emprego de Tecnoloxías de Información e Comunicación avanzadas con algoritmos de control avanzado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?