Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña forma ao persoal dos concellos para a adaptación electrónica á nova lei de contratación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña forma ao persoal dos concellos para a adaptación electrónica á nova lei de contratación

Redacción
Publicado: 27/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_coruna_concellos_licitacion.jpgA Deputación da Coruña está a desenvolver accións formativas para que o persoal dos concellos sexa quen de adaptarse electronicamente á nova Lei de Contratación. Estas accións, nas que están a participar máis de 200 persoas, está dirixida aos traballadores técnicos das administracións locais., en especial responsables das secretarías e das mesas de contratación O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, inaugurou onte a primeira das edicións do curso. Segundo fixo saber, “a Deputación da Coruña vai estar ao carón dos concellos para que o paso da contratación en papel á electrónica sexa o menos traumático posible”.
O deputado sinalou tamén que, coa aplicación do novo marco legal, os servizos da Deputación teñen a obriga de preservar o cumprimento da tramitación electrónica nos proxectos que integran plans provinciais e emitir informes desfavorables a aqueles que se financian con fondos da institución e non cumpren o estipulado pola lei. “A lei”, dixo, “promoveuse como máis áxil e accesible, e díxose que facilitaba o acceso de pequenas e medianas empresas mais estase a comprobar que a tramitación é máis complicada e nalgún dos concursos presentáronse menos da metade de licitadores dos que se presentaban con anterioridade”.
O obxectivo dos cursos de formación, polo tanto, é que os concellos consigan adaptarse o antes posible ao novo modelo de Administración Electrónica e así “evitar adiamentos ou outro tipo de prexuízos nos procesos de contratación”.
O programa iniciouse no IES Calvo Sotelo da Coruña co comezo do primeiro dos cursos que terán continuidade en novas edicións os días 5, 10, 12 e 17 de xullo. Cada acción formativa trátase dun curso práctico en que as/os asistentes achéganse ás principais características e o funcionamento da Plataforma de Contratos do Sector Público, á xestión dos órganos de asistencia e ao funcionamento dos novos modelos de licitación, publicación ou envío de comunicacións e resolucións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?