Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela, presente no palmarés do segundo certame de creación audiovisual das Cidades Patrimonio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela, presente no palmarés do segundo certame de creación audiovisual das Cidades Patrimonio

Redacción
Publicado: 27/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_patrimonio_alejandro_gesto.jpgFinalmente o palmarés do segundo Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio ten presenza galega. Máis polo miúdo, a do compostelán Alejandro Gesto, que, cunha peza sobre a riqueza patrimonial de Compostela, gañou o devandito certame na categoría de 19 a 30 anos. A listaxe de gañadoras/es foi dada a coñecer onte pola Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, do que forma parte o Concello de Santiago.
Este concurso para mozos e mozas creadoras de entre 16 e 30 anos forma parte das celebracións do 25 aniversario da rede e enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Divídese en dúas categorías: de 16 a 18 anos e de 19 a 30. Nesta última, alzouse co primeiro premio Alejandro Gesto. O certame conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Con esta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de entre 16 e 30 anos, o grupo quere propiciar un maior coñecemento e sensibilización cara ás quince Cidades Patrimonio, potenciar o uso das novas tecnoloxías, desenvolver a creatividade no eido da imaxe e estimular a capacidade de observación da contorna da cidade.
Gañadores
Categoría de 16 a 18 anos
Primeiro Premio, dotado cun smartphone de última xeración para cada un dos integrantes do equipo e de equipamento informático por valor de 3.000 euros para o Centro Xuvenil da cidade:
Ana Beira Pozo, Belén Baixo Ortega e Lucía Lara Cardona, de Córdoba
Título do traballo: Córdoba, una ciudad de ensueño.
Categoría de 19 a 30 anos
Primeiro Premio, dotado con 2.000 euros
Alejandro Gesto Louro, de Santiago de Compostela
Título do traballo: Cal é o maior patrimonio de Santiago?
Segundo Premio, dotado con 1.500 euros
Raquel Echeandía Sánchez, de Alcalá de Henares
Título do traballo: Alcalá, ilustrar al mirar
Terceiro Premio
Gabriel Novau Blanch, de Tarragona
Título do traballo: La millor manera de conoixer el patrimonio de Tarragona

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?