Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PS Plus incluirá Heavy Rain en xullo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

PS Plus incluirá Heavy Rain en xullo

Marcus Fernández
Publicado: 27/06/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ps-plus_xullo.jpgTras uns meses bastante completos nos que os subscritores de PlayStation Plus recibiron grandes xogos, posiblemente para compensar que en poucos meses van ver como o servizo abandona ás consolas PlayStation 3 e PS Vita, Sony semella ter soltado lixeiramente o pé do acelerador ao incluír xogos de menor peso para o mes de xullo, coa grande excepción de Heavy Rain, título de Quantic Dream dirixido por David Cage, que podería considerarse máis como unha película interactiva que como un xogo puro, e que claramente busca atraer o interese cara ao novo lanzamento do seu estudio, Detroit: Become Human, como xa fixeran hai un par de meses ao incorporar a PlayStation Plus o xogo Beyond: Dos Almas.
absolver_1.jpgPara PlayStation 4, aparte de Heavy Rain teriamos tamén Absolver, un xogo de combates multixogador en liña con toques de rol, que pasou totalmente desapercibido. Como xogo adicional de PS Talents tamén ofrecerase Phobos Vector Prime: The Fist Ring, unha especie de shoot’em up con toques arcade, un tanto peculiar que pode considerarse puro recheo entre os xogos deste mes.
ztd_psv_ss06.jpgNo casos dos xogos de PlayStation 3, a cousa tamén é bastante modesta, con Rayman 3 HD (unha remasterización do que posiblemente sexa o xogo menos significativo da serie de Rayman) e Extreme Exorcism (un xogo indie con aparencia pixel art que permite enfrontar ata a 4 xogadores).
Os xogos de PS Vita de xullo serán Zero Escape: Zero Time Dilemma (unha aventura con toques de animación e quebracabezas que por desgraza non está traducido ao español) e Space Overlods (un xogo de acción e destrución que como principal vantaxe ten que goza de crossbuy, ou sexa, que tamén pode xogarse en PlayStation 4).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?