Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Electronic Arts estrea unha tarifa plana de xogos para PC que inclúe novos lanzamentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Electronic Arts estrea unha tarifa plana de xogos para PC que inclúe novos lanzamentos

Marcus Fernández
Publicado: 31/07/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

origin_access_premier_35653559_1861088183941412_807397398597861376_o.jpgA primeiros de 2016 Electronic Arts estreou un servizo de xogos en subscrición chamado Origin Access, que viña ser unha réplica do servizo EA Access exclusivo de Xbox One, ofrecendo aos usuarios de PC a posibilidade de gozar dun catálogo de xogos rotatorio en tarifa plana e a posibilidade de gozar de xeito anticipado dos grandes lanzamentos da compañía, e agora van un paso máis adiante e presentan Origin Access Premier, mellora da subscrición anterior, que achega tamén os títulos supervendas.
Temos así un servizo que por 14,99 euros/mes ou 99,99 euros/ano ofrece o acceso completo aos principais xogos de Electronic Arts dende o seu lanzamento (ou incluso antes) o que permitirá gozar xa de xogos como Los Sims 4, Star Wars: Battlefront II, FIFA 18, A Way Out, Fe ou Unravel Two, e que, segundo vaian saíndo, incorporará tamén a FIFA 19, Battlefield V e Anthem nas súas edicións de luxo (valoradas en 79,95 euros cada unha).
Os subscritores de Origin Access Premier tamén poderán acceder aos xogos de xeito anticipado e participar nas súas versións de proba, ou sexa, que son moitas as vantaxes para os incondicionais dos xogos de Electronic Arts. Aparte do catálogo rotatorio de xogos (actualmente con 129 títulos) tamén é posible mercar xogos da tenda dixital de Origin cun 10% de desconto.
Os usuarios que se conformen con acceder aos xogos uns meses despois do seu lanzamento poderán seguir a subscribir Origin Access Basic, que por 3,99 euros/mes ou 24,99 euros/ano ofrece case o mesmo catálogo de xogos que a versión Premier, agás media ducia de novidades e coa limitación adicional de que os xogos estarían na súa versión estándar (en vez da edición de luxo con contidos adicionais e expansións) e os accesos anticipados aos vindeiros lanzamentos só permitirían probalos durante 10 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?