Electronic Arts lanza un servizo subscrición de xogos para PC
martes, 12 de xaneiro do 2016
En 2014 a Xbox
One estreou o
servizo EA Access, que mediante unha subscrición de 3,99 euros/mes abría o
acceso a un bo número de xogos de fondo
de catálogo, así como acceso preferente a algúns títulos e a descontos en
compras dixitais, e agora Electronic Arts sorprende estreando Origin Access, que sería
o servizo equivalente para xogadores de PC, que mantería o mesmo prezo e que
polo momento só estaría dispoñible en EE.UU., Canadá, Reino Unido e Alemaña,
pero que prevese que chegue a España en breve.
O servizo bota a andar con 15 grandes xogos entre os que figuran Battlefield 4, Dragon Age: Inquisition, The
Sims 3, This War of Mine, FIFA 15, Plants vs. Zombies: Garden Warfare e a triloxía de Dead Space. Espérase que o catálogo de
xogos vaia medrando progresivamente, para que os xogadores de Windows poidan
ter horas de diversión a un prezo máis que asumible, xa que polo que custa
habitualmente un xogo de saída en formato físico case terían un ano de xogos.
- Origin Access inclúe numerosos xogos de tempadas anteriores