
Como lembraremos, Q12 Trivia é un concurso interactivo que se desenvolve grazas á evolución da tecnoloxía móbil, marcando, en palabras dos seus responsables, “unha nova tendencia na evolución dos concursos televisivos”. O programa emítese cada noite ás 22:00 h (hora peninsular española) da man dos presentadores Toni Cano e Juanjo de la Iglesia, constando dunha ducia de preguntas de cultura xeral, cada unha con tres opcións de resposta e 10 segundos para marcar a correcta, e repartindo un bote diario entre quen acerten todas elas.
A día de hoxe, repartíronse un total de 18.000 euros entre máis de 1.000 persoas. Desde o seu lanzamento, a app obtivo máis de 60.000 descargas, alentadas polas recomendacións de quen xa coñecen o programa e xogan decote. “A través das nosas redes sociais recibimos fotos de grupo de amigos e familias completas xogando a Q12 Trivia nos seus móbiles desde unha terraza, desde un restaurante ou desde o salón da súa casa, gústanos comprobar como o noso programa se está a converter nun intre de lecer compartido”, sinala Carlos Alcántara, fundador e director executivo de Q12 Trivia.
Boa parte dos participantes proceden de España, pero tamén con conta con concursantes doutros países europeos como Reino Unido, Portugal ou Países Baixos, así como no outro lado do Atlántico, como en Estados Unidos, México, Venezuela, Colombia ou Arxentina.
Presenza galega no top 5 do certame para móbiles Q12 Trivia
Compartir Este Artigo
