Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mobile Week Coruña achegará a tecnoloxía á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Mobile Week Coruña achegará a tecnoloxía á cidadanía

Redacción
Publicado: 20/09/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Presentación da Mobile Week Coruña en setembro de 2018
Presentación da Mobile Week Coruña en setembro de 2018
A cidade da Coruña acollerá entre os días 21 e 28 de novembro a primeira edición da Mobile Week Coruña, organizada pola Fundación Mobile World Capital Barcelona (involucrada na organización do Mobile World Congress), iniciativa que fusiona arte, ciencia e tecnoloxía para crear espazos de reflexión sobre a transformación dixital e o seu impacto na sociedade actual, e que presentouse esta mañá na Fundación Luís Seoane, nun acto de afluencia masiva no que participaron representantes do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña, do Club Financeiro Atlántico, da AMTEGA e de Mobile World Capital Barcelona.
A programación inclúe distintos actos de carácter transversal, para todos os públicos, e que se desenvolverán en máis de 20 espazos distintos entre o termo municipal, a Área Metropolitana e a propia Compostela, na Cidade da Cultura.
mobile_week_coruna_img_0372.jpgO alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, convidou a toda a cidadanía a participar nesta primeira edición descentralizada da Mobile Week «para poder darlle a nosa perspectiva atlántica a un acto que nos sitúa, unha vez máis, no centro das novas políticas transformadoras». Esta «vocación de atlanticidade» tamén foi destacada por Mariano Gómez Ulla, presidente do Club Financeiro Atlántico, entidade que participa de forma activa na celebración deste evento innovador. Ferreiro tamén salientou a importancia da gratuidade das actividades que oferta esta cita tecnolóxica, incidindo en que «un evento deste tipo non ten sentido senón o facemos de forma participada, involucrando á cidadanía, tal e como facemos dende o goberno local».
mobile_week_coruna_img_0347.jpgPor outro lado, Carlos Grau, o CEO da Mobile Word Capital Barcelona, salientou que A Coruña está dentro da liga das «cidades do futuro» e salientou «a oportunidade que supón o seu porto como laboratorio activo» de retos de futuro. O acto contou tamén coa participación de Bernardo Fernández, deputado provincial e alcalde de Pontedeume, e Mar Pereira, directa xeral da AMTEGA, quen sinalou que o encontro nace pivotando na cidade herculina pero con vocación de irradiar a toda Galicia a necesidade de reflexionar sobre o impacto da evolución tecnolóxica na sociedade.

Actividades e expertos

mobile_week_coruna_img_0382.jpgA iniciativa divide o seu programa en catro eixos de actividade: mWeek TALKS, un ágora de debate para reflexionar sobre como a revolución dixital inflúe na vida das persoas, mWeek LAB, demostracións e talleres de cultura, tecnoloxía, robótica e ciencia, mWeek KIDS, actividades para toda a familia e, por último, mWeek GALLERY, un programa cultural paralelo organizado en colaboración con institucións e entidades do territorio que derivará en visitas guiadas e exposicións artísticas.
Para fomentar a reflexión ao redor da transformación dixital e potenciar o papel do Eixo Atlántico como axente chave da dixitalización do territorio, a Mobile Week Coruña contará con relatores expertos en innovación, como Silvia Leal, profesionais do ámbito dixital, Adolfo Fernández (Google), e representantes do ámbito universitario como Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Educación da Universidade de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?