Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: XGN R Encounter non esqueceu o lecer e a formación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

XGN R Encounter non esqueceu o lecer e a formación

Redacción
Publicado: 15/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20181012_xgn_01.jpgA conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, visitou o pasado venres pola mañá a XVIII edición de Xuventude Galicia Net (XGN) R Encounter, encontro que ata o domingo celebrouse na Feira Internacional de Galicia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), María del Mar Pereira Álvarez, acompañaron á conselleira no percorrido polas instalacións.
Fabiola García manifestou que XGN R Encounter se ten convertido «nun punto de referencia para a mocidade de dentro e de fóra de Galicia», ao tempo que apuntou que «é un marco axeitado para achegarse ás novas tecnoloxías e potenciar a formación neste eido desde a base da interacción e o intercambio de experiencias». Máis de 800 persoas están inscritas neste encontro informático que está considerado como o segundo máis importante de España e que presenta unha variada oferta de actividades lúdicas e formativas: xogos, conferencias, obradoiros e experiencias de realidade virtual, entre outras.
20181012_xgn_02.jpgAsí mesmo, a conselleira destacou que o certame ten un espazo sobre robótica dirixido aos nenos e nenas para iniciarse na montaxe e manexo destes enxeños electrónicos e levará a cabo charlas dirixidas a educadores, pais e avós que non naceron na era dixital pero que conviven coas actuais xeracións de nativos tecnolóxicos. Ambas propostas enmárcanse no programa Digitalent da AMTEGA.
Pola súa banda, Mar Pereira, sinalou que desde a AMTEGA en colaboración con R achegan a XGN R Encounter dúas iniciativas do Plan DigiTalent para impulsar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos CreaR e NativosR, para achegar dunha forma lúdica a tecnoloxía aos máis novos e tamén aos maiores, pais e nais.
20181012_xgn_03.jpgPereira fixo fincapé en que é importante desbotar o mito de que os nativos dixitais teñen competencias en tecnoloxía so por ter nacido no actual contexto dixital e mostrarlles tamén as múltiples aplicacións profesionais que ofrece o ámbito tecnolóxico. Neste sentido lembrou que en Galicia só o 9,3% dos matriculados no sistema universitario cursa carreiras do ámbito STEM. Unhas cifras que contrastan coa alta empregabilidade do sector tecnolóxico galego con preto de 17.000 en 2017.
Durante o tres días do evento prevén unha asistencia de máis de 1.500 persoas, que no recinto feiral de Silleda puideron gozar dalgunha das múltiples actividades programadas nesta edición do XGN R Encounter, con máis dunha ducia de torneos de videoxogos, nove competicións de arte dixital, robótica, realidade virtual ou drons, entre outras alternativas de lecer e formativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?