Onte clausurouse en Barro (Pontevedra) a segunda edición do seu coworking, unha convocatoria que guindou cifras de actividade moi salientables tanto en número de proposta de mercado participantes (17 proxectos emprendedores), como en presenza de mulleres emprendedores (11 das 17, o 66% do total) como en alicerce tecnolóxico (os sectores con máis presenza foron as novas tecnoloxías, a formación, a fotografía e os novos achados turísticos). No acto de clausura fixo acto de presenza a presidenta da Deputación de Pontevedra, que destacou o potencial feminino no camiño da innovación: “As mulleres, que somos o 57% das persoas tituladas universitarias, estamos decididas a ocupar o espazo que nos corresponde”.
E engadiu, aludindo tamén ás vantaxes do traballo cooperativo representado pola fórmula coworking: “Neste mundo do século XXI onde as tecnoloxías e a innovación cambian diariamente debemos formarnos, debemos traballar de forma colaborativa e sumar sinerxías para poder evolucionar e vós téndelo acadado durante estes meses de traballo”.
Na cita, na que tamén participaron o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e a directora xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Nieves Olivera, O primeiro mostrou a súa satisfacción polo alto nivel de innovación e espírito emprendedor que acadou o coworking, e a segunda puxo o foco na importancia de impulsar unha industria conectada, empoderar ás mulleres e apostar pola transformación dixital e a economía circular, que son algúns dos principais obxectivos da escola que dirixe. “Vós”, engadiu dirixíndose ás participantes no espazo de traballo cooperativo, “levades desde maio traballando nestes aspectos e ademais facéndoo dando resposta ás demandas do territorio, centrándovos na formación, o turismo, as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e a fotografía”.
A clausura celebrada onte veu con feitura de cita de demostración de proxectos: foi unha xornada que se desenvolveu baixo un epígrafe específico (Demoday. Compartindo talento emprendedor) e que tivo como obxectivo principal dar a coñecer os proxectos participantes na segunda edición do coworking de Barro, froito da colaboración entre a Deputación e a EOI.
Nesta segunda edición do coworking de Barro impulsáronse proxectos relacionados coa psicoloxía, a publicidade online, a arqueoloxía, a nutrición, o turismo, as telecomunicacións, a hostalería, a tecnoloxía dixital ou a fotografía. En concreto, a emprendedora Cristina Angulo puxo en marcha o Centro de Psicoloxía Cristina Angulo; David López impulsou Concienciatec; Estrella Moreira un proxecto relacionado cos idiomas e a tecnoloxía denominado como o seu propio nome; Filipa Marques Oliveira puxo en marcha La Tribu; Inés Fernández lanzou Soytuhelper; Isabel García Semtido; Iván Rodríguez impulsou Icoda; Jorge Rodríguez puxo en marcha Lostrego Fotografía; Miguel Padín e José Antonio Touriño lanzaron Intre; Omar Río 3D A Medida; Noelia Quintana impulsou un proxecto co seu propio nome; Sabela Muñiz puxo en marcha Alobre 3D; Ana Belén Prado lanzou A Pousada do Peregrino; Ana María Pesqueira Saúco; Belén Romero impulsou un proxecto co seu propio nome; e Carmela Pereira puxo en marcha Namorarte.
O coworking de Barro conta cun orzamento total de 800.000 euros para o desenvolvemento de medidas de apoio e impulso do emprendemento.
O emprendemento feminino e as TIC, protagonistas do segundo coworking de Barro
Compartir Este Artigo
