No mes de abril Verizon, propietaria de Yahoo!, anunciou que venderan Flickr a SmugMug, polo que resultaba inevitable que chegasen cambios ao servizo de almacenamento fotográfico, que non van ser moi do agrado dos usuarios de balde, xa que as súas contas dirán adeus á súa capacidade actual de 1 TB de almacenamento e incorporarán unha limitación de 1.000 fotografías ou vídeos.
Para os membros de balde que tivesen un grande volume de imaxes ou vídeos cargados no sistema ínstanos a contratar o plan de pagamento cun 30% de desconto o primeiro ano (desconto dispoñible ata o 30 de novembro).
Flickr Pro ofrécese agora por 49,99 dólares/ano con almacenamento ilimitado (permitindo que as imaxes conserven a mellor resolución posible), navegación sen publicidade, estatísticas avanzadas e, como viña a ser habitual, cunha grande comunidade de usuarios detrás.
O servizo de pagamento tamén está a preparar novidades que chegarán a primeiros do ano que vén, como a posibilidade de que as imaxes poidan verse a resolucións de ata 5K e poder reproducir vídeos de ata 10 minutos (actualmente hai un tope de 3 minutos). Este mesmo mes tamén engadirán estatísticas avanzadas en dispositivos móbiles e un programa de descontos en distintos servizos.
As contas de balde en Flickr deixarán de ter 1 TB de capacidade
Compartir Este Artigo
