Proseguen os traballos da firma R para introducir redes ultrarrápidas nas áreas da nosa terra que non contan con elas. Entre as contornas onde se veñen de estrear estes equipamentos de FTTH (Fiber To The Home) figuran as de Lourenzá, Barreiros e Palas de Rei, o que significa que un total de 900 fogares e empresas dos ditos concellos lucenses xa dispoñen dos ditos accesos de nova xeración, que implican servizos avanzados de teléfono, Internet de alta velocidade e televisión dixital multicanle de R.
O operador galego salientou que o remate dos traballos de despegue de fibra óptica levouse a cabo “aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais destas localidades”.
A empresa tamén informou de que o núcleo de Río Covo, na localidade luguesa de Cervo (que xa estaba conectada á rede de fibra do operador galego) conta tamén dende agora con accesos de ata 350 Mbps con R.8 millóns de investimento e fondos europeos.
Todos estes traballos en Lugo abéiranse ao Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa, do que R foi adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o edificio) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia da Coruña e outro para a de Pontevedra.
En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa.
Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.
R engadiu que cando se completen os traballos de despregue nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia.
R achega Internet de 350 Mbps a Lourenzá, Barreiros e Palas de Rei
Compartir Este Artigo
