O ecosistema de Apple facilitou a popularización do podcasting, mentres que no mundo Android non había unha aplicación oficial para acceder a este tipo de contidos sonoros ata que no mes de xuño estreouse Google Podcasts, que está avanzando a bo ritmo grazas á integración co Asistente de Google, con Google Home e incluso con Chromecast, e agora vai un paso máis aló que consiste en facilitar a posibilidade de compartir directamente tanto podcasts completos como episodios independentes, o que resultará de grande utilidade para a divulgación de contidos en formato podcast que non teñan unha presenza de seu na web.
A nova funcionalidade de Google Podcasts xera unha ligazón a unha páxina web que facilita a apertura da aplicación Google Podcasts cun único toque, accedendo directamente ao contido que quere compartirse.
Deste xeito, aínda que Google Podcasts sexa unha ferramenta pouco empregada polo momento, o feito de que facilite compartir contidos podería ter un grande peso á hora de divulgar os contidos sonoros na Internet.
