Este 17 de novembro vaise celebrar en Compostela o GDG DevFest Galicia, unha cita tecnolóxica de primeiro nivel. E por que motivo? Pois basicamente porque xunta unha comunidade de apoios, participantes, relatores e asistentes que é, en boa maneira, un compendio do noso pulo innovador. A cita será na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e nela participan centros tecnolóxicos referenciais como Gradiant, empresas senlleiras como Altia ou Telefónica ou puntais do noso sector das telecomunicacións como R. Segundo lembra a operadora galega, estamos ante un dos grandes eventos TIC da tempada, co aliciente de ter sido concibido tanto para profesionais tecnolóxicos como para xente que quere aprender.
Segundo engaden, a cita compostelá insírese nun relevante marco de iniciativas mundiais: as xuntanzas GDG DevFest, eventos a grande escala dirixidos por e para a comunidade de usuarios e desenvolvedores de novas tecnoloxías. Celébranse cada ano en todo o mundo e susténtanse na crenza de que “cando os profesionais TIC se xuntan, cousas incribles poden ter lugar”.
Volvendo ao evento compostelán, está organizado polas diferentes comunidades GDG existentes na nosa xeografía, amais de contar co patrocinio de importantes empresas tecnolóxicas. Será unha completa xornada de actividades, cunha duración total aproximada de oito horas e cun extenso programa de charlas e obradoiros. Haberá, tamén, xantar para os asistentes. Igualmente, celebrarase un sorteo dalgúns produtos tecnolóxicos, ao remate da xornada.
Toda a información sobre o evento pode ser consultada na páxina web do mesmo, onde son explicados outros moitos datos de interese: https://devfest.gdggalicia.com/.
A continuación, damos conta do programa de charlas:
· 11:00 – Orquestrando microservizos con Spring Cloud Netflix (José Juan Dios Otero – Plexus Tech)
· 12:00 – Pausa café
· 12:30 – Debes considerar usar Flutter no teu proxecto? (Fernando Souto Senior – MOBGEN | Part of Accenture Digital)
· 13:30 – Improving scheduling decisions in Kubernetes (Javier Provecho – Telefónica)
· 14:30 – Xantar (de balde)
· 15:30 – Charla de temática legaltech pendente de confirmar (Bárbara Román – NoLegalTech)
· 16:30 – 5 tips e 9 razóns para programar en Ruby on Rails (Betsabeth Torres – Freelance e RailsGirls Venezuela)
Obradoiros
En paralelo ás charlas, realizaranse estes obradoiros:
· 11:00 – Machine Learning in practice (Marta Sestelo e Nora M. Villanueva – Gradiant)
· 12:00 – Pausa café
· 12:30 – Taller de Gitlab CI: Creación, build e CI/CD con Gitlab CI (Rolando Caldas – Altia S.A.)
· 14:30 – Xantar de balde
· 15:30 – Introdución a Actions on Google (Mercedes Rodríguez – 1millionBot)
R, Altia, Telefónica e Gradiant, no DevFest Galicia
Compartir Este Artigo
