O recinto de PALEXCO na Coruña vai acoller o 22 de novembro, en horario de mañá, a parada galega da xira Ecommerce Tour. Trátase, segundo apunta a organización (Ecommerce News), dunha xornada para dar a coñecer todo tipo de novidades acerca de comercio electrónico, loxística, transformación dixital, mercadotecnia dixital. A cita será de especial interese para boa parte do tecido comercial coruñés e galego, xa que porá o foco no pequeno e mediano comercio, mostrando claves e pautas que axuden aos establecementos a adaptarse e equipárense no camiño da dixitalización e da competitividade presente e futura.
Co fin de facilitar o devandito, amosando camiños de éxito en materia de transformación para facilitar a incorporación de empresas novas, daranse a coñecer os principais achados tecnolóxicos de firmas como Minevera.com (startup que aposta por levar tuppers a domicilio ou oficinas), Electrocosto.com, Mariskito.com, Tote Bebes, Brico4Pro, Dromosport ou Vinopremier (que recentemente abriu sede de seu na Coruña).
A axenda do evento tamén ten previsto tamén analizar estratexias de optimización loxística para comercio electrónico a través de DHL Parcel e Correos Express; consellos para optimizar as vendas a través de mercadotecnia automática grazas a Emred; como sacar o máximo proveito ás redes de afiliación; pagos a través de canles de atención ao cliente como Whastapp ou Messenger grazas a Comercia Global Payments, e “moito máis”.
A asistencia é totalmente gratuíta (con rexistro antes do 21 de novembro) e está dirixida a profesionais, retailers, emprendedores e novas firmas innovadoras con estratexias dixitais que poderán facer traballo en rede, coñecer casos de éxito e compartir coñecementos con outras empresas do sector.
As empresas que fan bandeira da dixitalización mostrarán os seus éxitos no Ecommerce Tour A Coruña
Compartir Este Artigo
