
A listaxe está composta por influencers que, coas súas publicacións, “aumentan acotío a relación coas marcas consolidándose á vez, cada unha delas e deles, como marca propia”.
No primeiro posto da listaxe está a viguesa Alexandra Pereira (@lovelypepa), considerada unha das influencers máis cotizadas. Pereira, para quen non o saiba a estas alturas, conta cunha liña de roupa de seu e comparte cos seus case 2 millóns de seguidores as súas impresionantes viaxes ao redor do mundo. Actualmente vive en Los Ángeles e traballa coas firmas máis referenciais do eido da moda.

No terceiro posto sitúase Michael Chenlo (@michenlo), que xunta máis de 243.000 seguidores co seu perfil de Instagram, onde agasalla á comunidade con fotografías cheas de efectos especiais que mostran situacións irreais nas que nalgunhas ocasións el participa en primeira persoa.
SamyRoad elixiu para o cuarto posto a Silvia García (@bartabacmode), que ten 370.000 followers e que emprega a conta de seu na devandita rede social como álbum de lembranzas das súas viaxes. As súas fotos adoitan ser en espazos abertos onde mostra os seus outfits de maneira natural e espontánea.
No quinto posto da listaxe atópase Carlota Núñez (@duulcedeleche), colaboradora de grandes marcas, afeccionada ao audiovisual e viaxeira, que conta cunha audiencia de 47.000 seguidores.
SamyRoad elixe as influencers galegas máis populares en Instagram
Compartir Este Artigo
