Esta semana celebrouse unha xornada sobre financiamento e innovación empresarial na sede do Instituto Tecnolóxico de Galicia na Coruña. No transcurso da cita déronse a coñecer os resultados dos proxectos SABIUS e WaterSIG, dúas iniciativas tecnolóxicas ligadas á xestión e o control das augas e impulsadas por empresas galegas e o ITG no marco do programa de axudas Conecta PEME da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Segundo se lembrou, SABIUS é o acrónimo de Sistema Sistema Avanzado de Baixo Custo e salienta (entre outras cousas) por poñer en xogo nano-biosensores para a xestión da seguridade das augas de baño. É froito da colaboración entre as empresas Balidea, Indrops, Proyfe, CYE Control e Estudos e ITG.
O programa SABIUS, que vén orzamento de máis de 700 mil euros co-financiado polos fondos FEDER da UE e por GAIN, aborda a problemática do control da calidade sanitaria das augas de baño, ceibando aos profesionais de ter que manipular as mostras e transportalas ao laboratorio grazas ao desenvolvemento dun equipo portátil de baixo custo con capacidade de realizar medicións microbiológicas insitu e un sistema de datos que optimiza a xestión.
Pola súa banda, os resultados do proxecto WaterSIG, unha iniciativa de Big Data e paralelaxe aplicada á xestión da auga potable, foron dados a coñecer por representantes das empresas Proyfe, CYE Control e Estudos, Torusware e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, responsables do seu desenvolvemento. Segundo explicaron, o sistema de información WaterSIG combina diferentes tecnoloxías de análise de datos a gran escala para facer fronte a necesidades das redes de auga, por exemplo o modelado de comportamento, o seguimento de información inxente ou a identificación de determinados patróns de fallo, entre outros.
A xornada técnica contou tamén coa intervención de Elena Polo Prieto, da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que detallou as subvencións dispoñibles para proxectos de innovación por parte da Xunta.
Preséntanse no ITG dous casos de éxito galegos no eido das tecnoloxías e a auga
Compartir Este Artigo

