Os altofalantes conectados cada vez teñen máis prestacións, pero a reprodución musical continúa a ser unha das máis demandadas, e aínda que cada fabricante tende a propiciar o seu propio servizo de streaming, non se pechan aos de terceiros, para achegar unha maior flexibilidade aos seus usuarios, de aí que máis de un vaia agradecer o anuncio de Amazon de que os dispositivos da familia Echo vaian comezar a funcionar con Apple Music a partires da semana do 17 de decembro.
Deste xeito, os subscritores de Apple Music poderán reproducir cancións, artistas, álbums e listaxes de reprodución dende os altofalantes conectados de Amazon, para o que só terán que activar a skill de Apple Music e ligar a súa conta no servizo.
Apple Music funcionará nos altofalantes de Amazon
Compartir Este Artigo
