Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG e TecAnDaLi salientan a importancia dos datos lingüísticos para o avance da informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG e TecAnDaLi salientan a importancia dos datos lingüísticos para o avance da informática

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/11/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20181129_carmengarciamateo_rosarioalvarez_franciscodubert.jpgO Consello da Cultura Galega (Sección de Lingua, Literatura e Comunicación) e maila Rede de Investigación Galega TecAnDaLi (Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos) organizaron onte unha xornada conxunta sobre información lingüística e sobre as potencialidades deste coñecemento en múltiples eidos culturais, de investigación ou empresariais. Os participantes na sesión coincidiron en salientar as importantes utilidades da lingua para os estudos humanistas e para os proxectos dos tecnólogos (informáticos, físicos, enxeñeiros de telecomunicacións, matemáticos…) xerándose en última instancia unha confluencia entre uns e outros que, a súa vez, abre moitas máis posibilidades de traballo que as inicialmente previstas. Por exemplo: traducir filmes en tempo real, procesar automaticamente textos medievais ou mesmo detectar tentativas de suicidio.
Estas e outras cuestións puxéronse sobre a mesa na xornada Para que serven os datos lingüísticos?, organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Sociedade do Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa Rede de Investigación TecAnDaLi (Tecnoloxías e Análise de Datos Lingüísticos).
O programa de mañá arrincou coa presentación de catro microproxectos que se están a desenvolver no marco da rede TecAnDaLi. O primeiro deles ten que ver coa elaboración de información en galego a partir de datos metereolóxicos e explicárono Alberto J. Bugarín e Xavier Gómez Guinovart.
O segundo deles fala de toponimia en documentos medievais e correu a cargo Pablo Gamallo, que forma parte da dita rede e que falou de toponimia en documentos medievais. Explicou como empregar ferramentas para tentar atopar topónimos en textos medievais e como “dunha banda estaba a dificultade de procesar textos medievais, doutra é a variedade lingüística, ortográfica… xa que non había unha norma, e máis adiante estaba o recoñecemento de entidades”. A idea, dixo, “era identificar nomes propios, cunha ou varias palabras dentro dun texto”.
Carme García Mateo falou no seu relatorio de diferentes sistemas de recoñecemento automático que permiten a transcrición simultánea de produtos audiovisuais, de recoñecemento e etiquetaxe das persoas que falan nunha pantalla, entre outras utilidades. No caso dos modelos de recoñecemento de voz, García Mateo incidiu “na necesidade de traballar con material que está ben anotado e revisado para que o sistema funcione o mellor posible”.
A parte expositiva dos microproxectos rematou coas intervencións de María José Ginzo e Xulio Sousa, que abordaron a análise cuantitativa de datos lingüísticos, é dicir, converter os textos en números. Ao longo do seu relatorio explicaron as utilidades á hora de estudar as variables dialectais así como a análise de datos onomásticos, concretamente dos apelidos.
Fóra dos traballos da rede TecAnDaLi presentáronse dous relatorios. Un a cargo do psiquiatra Alejandro García Caballero, profesional con ampla experiencia na adaptación da tecnoloxía ao seu eido de traballo como é a elaboración de videoxogos para tratar a pacientes con trastornos mentais. Na súa intervención explicou como usar datos lingüísticos para o diagnóstico e tratamento de patoloxías como a esquizofrenia ou o autismo. Ademais, tamén falou da relación entre o bilingüismo e a protección da demencia empregando datos de realidades como Escocia e Canadá. O outro relatorio correu a cargo do profesor de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Carlos Gómez Rodríguez, e tivo que ver co procesado de linguaxe natural.
A rede
Para quen non o saiba, TecAnDaLi é o acrónimo de Tecnoloxía e Análise de Datos Lingüísticos, unha rede conformada por sete grupos de investigación do Sistema Universitario Galego: tres grupos de humanidades (o grupo coordinador, Filoloxía e Lingüística Galega [FILGA], integrado no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela; Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega [TALG], Universidade de Vigo; Gramática, Discurso e Sociedade [GRADES], Universidade de Vigo); dous grupos de enxeñaría informática (Grupo de Sistemas Intelixentes [GSI], CITIUS, Universidade de Santiago de Compostela; Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos [COGRADE, GI-2116], CITIUS, Universidade de Santiago de Compostela); un grupo de enxeñaría de telecomunicacións (Grupo de Tecnoloxías Multimedia [GTM], Universidade de Vigo) e outro grupo de estatística (Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións [MODESTYA], Universidade de Santiago de Compostela).
Trátase pois dun equipo de traballo interdisciplinario cuxa investigación está relacionada coas tecnoloxías da linguaxe e as humanidades dixitais, poñendo o foco no galego pero tamén no castelán e na linguaxe de signos española. A rede está especializada no tratamento informático e estatístico de datos lingüísticos. Entre os seus principais cometidos atópase o de mostrar e aproveitar as canles presentes e futuras de colaboración entre grupos de humanidades, enxeñaría e estatística, provenientes de tradicións investigadoras moi diferentes, mesmo de marcos científicos aparentemente separados, como as ciencias e as letras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?