Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade Microsoft anunciou interesantes novidades como que a primeiros de 2019 van introducir en PowerPoint de xeito nativo a posibilidade de gozar de subtítulos en tempo real, o que permitirá chegar a novas audiencias. Esta tecnoloxía transcribirá en tempo real o que vaia dicindo o relator, para que poida verse en pantalla en tempo real e incluso poida traducirse, chegando inicialmente este servizo para máis de 10 linguas faladas e para máis de 60 linguas escritas (no caso de que a presentación xa contase con subtítulos).
Nesta mesma liña, a novidade que bota a andar é a posibilidade de gozar de transcrición a texto e subtítulos durante as chamadas de Skype, o que supón un importante salto na accesibilidade desta ferramenta de comunicación de Microsoft, e que en poucas semanas poderán gozar tamén de tradución en máis de 20 linguas. A transcrición a texto das conversas de Skype pode activase para comunicacións en concreto, ou manterse para todas as chamadas, estando optimizada para actualizarse segundo van falando os distintos interlocutores, cun mecanismo no que o texto vai mudando automaticamente, aínda que no futuro tamén permitirán máis funcións de control (como a posibilidade de desprazarse polos textos xerados para non perder ningún detalle).
Skype e PowerPoint avanzan na integración de subtítulos con tradución automática
Compartir Este Artigo
